31 de marzo de 2016

Caligramas de Educación Infantil

Os nenos e nenas de Educación Infantil elaboraron, xunto coas súas titoras, uns fermosos caligramas relacionados co mar.


 

15 de marzo de 2016

Boletín nº 2: 21 de Marzo, Día Mundial da Poesía


O boletín do mes de marzo céntrase, como non, na poesía. Esperamos que vos guste!

13 de marzo de 2016

A escritora Ledicia Costas na biblioteca



A escritora Ledicia Costas pasou pola nosa biblioteca o pasado 9 de marzo para compartir cos nenos e nenas de 5º e 6º a súa experiencia escribindo o libro Escarlatina,a cociñeira defunta. Así mesmo, compartiu anécdotas, curiosidades, e asinou exemplares do libro.

Nós agradecémosllo cun pequeno agasallo e con moitas ganas de ler a precuela de Escarlatina, titulada Esmeraldina, a pequena defunta”.








1 de marzo de 2016

I Certame de Poesía

 Co obxectivo de fomentar actividades artísticas e literarias no noso centro, o Equipo de Biblioteca  convoca o I Certame de Poesía  dirixido ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
 
Temática A amizade

Bases:
-    Haberá dúas categorías para participar:
      •    Nenos e nenas de 3º e 4º.
       •    Nenos e nenas de 5º e 6º.
-    Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara. Debe engadirse o nome do neno/a e o curso. O poema pode estar ilustrado con debuxos e cores.
-    Os traballos premiados publicaranse no boletín e no blogue da biblioteca.
-    Valorarase a creatividade, a orixinalidade e a ausencia de faltas de ortografía.

Data:  Entregaranse antes do 18 de marzo ao titor/a. Unha vez recompilados todos os poemas entregaranse á coordinadora do Equipo de Biblioteca.

I Certame de Caligramas



 Co obxectivo de fomentar actividades artísticas e literarias no noso centro, o Equipo de Biblioteca  convoca o I Certame de Caligramas  dirixido ao alumnado de Infantil e aos cursos de 1º e 2º de Educación Primaria.

Qué é un caligrama? Un caligrama é un poema feito debuxo. Nos caligramas o poema debuxa o obxecto relacionado co tema principal deste. Por exemplo, se o poema fala dun gato, escribirase o texto en forma de gato.

 

Bases:
-         Haberá dúas categorías para participar:
·       Nenos e nenas de Educación Infantil.
·       Nenos e nenas de 1º e 2º de primaria.
         

   O texto do caligrama pode ser inventado, ou ben poderá utilizarse calquera texto literario publicado en verso (preferiblemente en galego)
-  Os traballos premiados publicaranse no boletín e no blogue da biblioteca.

Data:  Entregaranse antes do 18 de marzo (de ser posible) ao titor/a. Unha vez recompilados todos entregaranse á coordinadora do Equipo de Biblioteca.