17 de febrero de 2019
Comezan a chegar os primeiros traballos para o Proxecto Documental
LAPBOOK SOBRE FRIDA KAHLO de Yomara (5º)
MURAL: Mulleres defensoras dos Dereitos Humanos, do alumnado de AL
MURAL: Mulleres defensoras dos Dereitos Humanos, do alumnado de AL
10 de febrero de 2019
PDI para este curso: Mulleres con Pegada
Retomamos o blog cunha triste nova
Onte, 9 de febreiro, deixabanos Tomi Ungerer, un dos mais grandes ilustradores e escritores de literatura infantil.
Sen dúbida algunha, todos coñecemos algunha das súas fantasticas obras e ilustracións.
Deixamos a continuación a pequena homenaxe que a editorial galega Kalandraka fíxolle no día de onte a este gran autor.
“O meu traballo é o meu refuxio, o meu sanatorio. Manteño a miña cordura grazas ao meu traballo”, afirmaba o artista Tomi Ungerer nunha entrevista recén publicada neste mes de febreiro en The Comics Journal,
realizada polo editor da revista, Gary Groth. Ungerer respondía
afirmativamente cando lle preguntaba se sentía alegría no acto creativo,
fosee debuxando ou escribindo. “É máis unha euforia”, precisaba o autor
quen, aos seus 87 anos, seguía en activo. Nesa longa conversa, Tomi
Ungerer tamén aseguraba que “por primeira vez” na súa vida atopábase
“perfectamente feliz” coa súa obra.
Inconformista, vital, irreverente, comprometido, auténtico. Tomi
Ungerer faleceu en Irlanda, onde o artista encontrou o seu lugar no
mundo, rodeado de paz e de sentido do humor.
Quedan orfos Críctor, Rufus, Adelaida, Emilio… Allumette consólase cos seus Novos amigos, Rafi e Ki… Choran Os tres bandidos…
E os seus admiradores en todo o mundo vestímonos simbolicamente con
capas e chapeus vermellos, coma os nenos desvalidos que achaban refuxio e
afecto naquel vello castelo do conto.
Parafraseando o título do fantástico documental sobre a vida de Tomi
Ungerer, “Far out isn’t far enough”, de Brad Bernstein, nunca é abondo
lonxe. Por mais que nos deixara, nunca nos abandonará o recordo deste
grande autor, a súa memoria perdurará no tempo, os seus libros -que xa
son clásicos fundamentais na historia da Literatura Infantil e Xuvenil
contemporánea- seguirán acompañando as lectoras e os lectores de hoxe… e
de sempre.
Grazas, Tomi Ungerer!