10 de marzo de 2021
Este ano celebramos o día da Muller con contos e contadas. Na "hora de ler" coidamos a nosa mente e o noso corpo, contando e escoitando contos ao aire libre. O alumnado maior contou con mimo e agarimo contos aos pequenos do cole. Títulos como "Arturo e Clementina", "Yo, Jane", "Once damas atrevidas" ou "Frida" resoaron entre as follas das árbores do patio.
Despois os máis artistas expresaron todas a súas emocións a través de pinceladas de témperas de cores.