26 de abril de 2023

CLUB DE LECTURA 6º

Hoxe as nenas e nenos de 6º de educación primaria emprenderon unha viaxe no tempo, nada máis e nada menos que ao Vigo do 1884, da man de Jules Verne, descubrindo a vida e os segredos das mulleres planta; unha homenaxe ás novelas de aventuras cargada de maxia, onde todo é posible. Ler á nosa escritora local Ledicia Costas sempre dá moito xogo nos clubs de lectura! Moitas perspectivas, puntos de vista e anotacións documentadas que axudan a saber máis da época viguesa e da súa historia.

Ademais, apareceron dúbidas e preguntas moi interesantes...








24 de abril de 2023

SEMANA DO LIBRO

 Así celebramos a Semana do Libro no Otero Pedrayo!!



19 de abril de 2023

CLUB DE LECTURA 2º (BANDA DESEÑADA)

Hoxe houbo unha novidade no club de lectura! Algunhas nenas e nenos de 2º escolleron un libro de banda deseñada! Con "Lendas do recreo" 2 - Campións do mundo, achegáronse a unha maneira diferente de ler da man de El Hematocrítico e estaban moi entusiasmad@s ca temática: os xogo das agachadas. Un libro divertido e cheo de situacións graciosas que engancharon desde o primeiro momento. Escolleron cal sería o seu récord do mundo e algúns eran ben simpáticos!








 

12 de abril de 2023

CLUB DE LECTURA 2º

Hoxe algunhas nenas e nenos xogaron ás adiviñas con Agustín Fernández Paz e o seu libro: Un tren cargado de misterios. Falaron dos seus soños e viaxaron con Ana por todos os países do mundo nese tren tan especial, no que ademais resolverán o misterio que encerran sete enigmáticas caixas azuis! Un club de lectura cargado de intriga, fantasía e xogos de palabras.









8 de abril de 2023

E UN DÍA DESCUBRIMOS...

 Estas cousas son as que nos dan as enerxías para seguir traballando na Biblio...

Un neno e unha nena que crean o seu propio club de lectura, len os libros nos momentos de ocio e os comentan. Foi unha proposta que xurdiu libremente deles...