21 de diciembre de 2023

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS E XOGOS (CURSO 23-24)

Por aquí deixamos algunhas recomendacións de libros e xogos para diferentes idades por se queredes algunha idea para agasallar! Están todos moi chulos, anímate a pedir algún! Boas festas e boas lecturas!

 

https://view.genial.ly/6574a91ddd7b0400140f9363/interactive-content-recomendacions-lectoras


19 de diciembre de 2023

CLUB DE LECTURA 4º

Hoxe fixemos club de lectura dunha familia moi especial. Julia é unha nena normal, todo o normal que se pode ser sendo unha humana vivindo dentro dunha casa repleta de monstros! Un pai zombi, unha nai vampira, unha avoa ogro, unha irmá non-morta e un irmá lobishome...Non existe unha familia igual!



Julia pensaba que era normal ata que un día...Plaff! Fixo voar unha caca contra a cara da súa archiinimiga cos seus poderes máxicos. Conseguirá descubrir como usar os seus poderes antes de que a cousa saia de control? Non sabemos moi ben xa que a historia continuará...



Todo isto e moito máis falaron a clase de 4º de primaria co libro de Raquel Díaz Reguera, Julia y los Mortimort. Una niña un poco muerta. Un libro co que morrer...de risa! 



5 de diciembre de 2023

CLUB DE LECTURA 5º

Hoxe as nenas e nenos de 5º de primaria fixeron o club de lectura dun dos libros máis emblemáticos de Ledicia Costas: Escarlatina, a cociñeira defunta. 




Unha viaxe ao mundo dos mortos onde non faltan ingredientes de aventura, misterio e moito humor. Unha historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña. Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. Nese día tan especial recibiu un megasusto: un cadaleito acompañado dun sobre onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén. Unha historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.



Un libro que engorda só con de lelo! Moitas das receitas fixéronas nas súas casas para probar!
 

28 de noviembre de 2023

ACTIVIDADE 25N (DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO)

Este luns 27 de novembro fixemos uns obradoiros na biblioteca relacionados co Día contra a Violencia de Xénero (25N).

 


Contamos contos ben interesantes e fixemos obradoiros de collage con Artur e Clementina, papiroflexia co Libros dos porcos e reflexionamos coas nosas lentes moradas co Bonobos.






 

Neste cole témolo claro...NIN UNHA MÁIS, NIN UNHA MENOS!


25 de octubre de 2023

CLUB DE LECTURA 4º

 Inauguramos a tempada de Club de lectura con 4º de primaria!!

Escolleron un libro moi gracioso: "La camiseta de Óscar" de César Fernández García. Unha historia na que Claudia, fanática do fútbol o do seu xogador favorito, Óscar, resolve unha pista para que uns delincuentes non leven a cabo o seu malvado plan. Co seu primo Iván, que detesta o fútbol, vivirá emocionantes aventuras e enfrontarse a perigosas situacións e aos seus propios medos internos. Esta experiencia fará que reflexionen sobre o que é realmente importante nos demais e neles mesmos/as.

Falaron sobre a historia, as partes do libro e as súas propias experiencias arredor do libro e as súas anécdotas curiosas.






Todo en marcha na nosa biblio "Ledicia Costas"

 Temos todo preparado para poñer a funcionar a nosa biblio!

Novos recunchos e espazos, formación de usuarios para axudantes, carritecas, maletas viaxeiras, radio... Para que o poidades usar e gozar no noso cole!













24 de outubro: Día das Bibliotecas Escolares. ABRIMOS A NOSA BIBLIO!!

Este martes, día 24 de outubro, abrimos a nosa biblioteca para festexar o día das Bibliotecas Escolares.

As aulas de infantil, 1º e 2º de educación primaria tiveron a sorte de ter unha sesión de contacontos con Bea Campos, coa que cantamos e contamos historias cheas de maxia. E as aulas de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria convertéronse en detectives para resolver os enigmas da biblioteca co xogo de escapismo dos símbolos celtas; foi moi divertido!
















22 de junio de 2023

LECTURAS PARA O VERÁN!

 Xa chegou o verán e o tempo de lecer, e que mellor plan que lerse un bo libro na tranquilidade dunha praia, un bosque ou un río?

FELICES LECTURAS E FELICES VECACIÓNS!!!



13 de junio de 2023

VISITA DE LEDICIA COSTAS

A nosa querida escritora Ledicia Costas visitou o noso cole para falar de moitas inquietudes, sobre todo de lecturas e libros!


Fixemos moitas preguntas, contounos curiosidades e segredos dos seus futuros libros e algunha cousiña máis! 






Estamos desexando ler moitas historias que ten! Ademais falamos sobre os libros que traballamos nos clubs de lectura da Señorita Bubble e Jules Verne e o segredo das mulleres planta. E asinou os nosos libros con moito agarimo! 







Agardamos que volvas, Ledicia!