29 de abril de 2025

CLUB DE LECTURA 1º

Onte fixemos o primeiro Club de lectura para 1º de primaria no que limos e xogamos con "Buscando a Wally", un libro moi divertido para comezar a ler e enganchar coa lectura dun xeito dinámico. Para introducirse no mundo dos clubs de lectura non está nada mal!

Tamén quixeron participar algunhas nenas de 2º de primaria. Que marabilla cando compartimos lecturas!







23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO (MES DO LIBRO)

O día 23 de abril tivemos un día do libro moi completo! Para comezar fixemos unha sesión de contacontos con Paco Nogueiras, na que ademais de contar uns contos moi chulos, cantamos algúns! As nenas e nenos de infantil e 1º ciclo pasárono xenial!

Despois do patio tivemos as xa coñecidas Lecturas compartidas, nas que a rapazada máis maior le contos ás máis cativas. Como era un día de temperatura agradable, puidemos sacar os libros fóra e facer a actividade no patio. Canto se aprende das demais persoas, tanto pequenas coma maiores!




































9 de abril de 2025

VISITA MARÍA CANOSA (MES DO LIBRO)

Onte tivemos un club de lectura moi especial e numeroso, coa visita da autora María Canosa, que nos veu falar do seu último libro: "Escola de bruxas". Ademais de asinar os exemplares que levamos, falamos de un montón de cousas! Foi moi amable respondendo a todas as preguntas que levabamos preparadas e outras que xurdiron polo medio. Foi cargada para casa cunha chea de debuxos tamén!

Moitas grazas María! Encantounos coñecerte e poder falar contigo de lectura e libros!








7 de abril de 2025

CLUB DE LECTURA 3º (MES DO LIBRO)

Hoxe empezamos ca programación do Mes do libro cun Club de lectura de 3º cun libro moi especial: "O corazón das casas" de An Alfaya. Un  libro cheo de misterio e intriga arredor dunha caixa de música, unha nena, un bambán e moitas casas.






2 de abril de 2025

CLUB DE LECTURA CONXUNTA (3º-6º DE PRIMARIA)

O luns 31 de marzo tivemos o segundo club de lectura da nosa saga favorita: Harry Potter e a cámara segreda. Como o anterior, foi un club moi numeroso e cheo de emoción, no que falamos moito do libro e da película, ademais de dar a nosa opinión sobre algúns temas novos que aparecen e dos novos personaxes.

Para finalizar, fixemos unha actividade plástica arredor dun personaxe importante que aparece neste libro e simbolizamos a súa liberdade, así como a supresión da escravitude nos elfos domésticos, facendo cada persoa unha prenda para poder liberalos.

Esperando o terceiro con moitas ganas!!