28 de mayo de 2025

OBRADOIRO DE REGUEIFA

Onte tivemos a sorte de contar con dous regueifeiros únicos! Caruncho e Pintos viñeron a contar como facer regueifas, as súas orixes e mesmo a regueifar con nós acompañados coa zanfoña de Luis. Pasámolo xenial e conseguimos dar unha volta a todo o que sabemos sobre poesía e transformalo en canto popular! Que viva a nosa tradición!




19 de mayo de 2025

ESPAZO LEGO (RETOS)

Para facer da nosa biblio un espazoo creativo no que convivan diferentes artes, creamos un espazo Lego para poder botar a voar a nosa imaxinación a través de diferentes retos semanais, nos que cada persoa, de maneira voluntaria, pode participar e conseguir os seus selos no carné. Está sendo divertidísimo e están saíndo creacións moi orixinais! A cabeza destas nenas e nenos non ten límites!














VISITA ANXO IGLESIAS (5º E 6º PRIMARIA)

O pasado xoves día 15 de maio tivemos a gran sorte de contar con Anxo Iglesias, que veu a falar do seu libro "Unha nova dimensión". Xogamos coa poesía e permitimos sacala do sillón das lectoras e lectores, para poder interpretala dun xeito máis dinámico e poder entendela mellor. Ata fixemos un rap do tempo: Tic tac tic tac!

Nin nos chegou o tempo para asinar os libros! Pero Anxo levou os deberes para casa para poder deixar a súa marca nos exemplares. Ademais, as nenas e nenos convertéronse en poetas e fixeron o seu propio libro de poemas baseados nos de Anxo. Podedes lelo na biblio!












12 de mayo de 2025

I TORNEO DE XADREZ

 A semana pasado tivemos o primeiro torneo de xadrez do cole na biblio. Participaron 16 nenas e nenos desde 1º ata 5º de primaria e foi moi interesante! Ademais respirábase un ambiente respectuoso e con calma, no que aprenderon moito uns de outros e acompañáronse durante toda a semana nas diferentes fases do xogo. Noraboa a todxs polo ben que o fixestes e o campión deste primeiro torneo!

Xa están pedindo outros máis! Para o curso seguinte seguiremos!








VISITA JORGE CAMPOS (1º E 2º PRIMARIA)

O pasado mércores 7 de maio tivemos a visita do ilustrador Jorge Campos para falar dos seus libros de Capitán Lentella. Foi moi interesante coñecer as aventuras destes personaxes e da súa orixe, ademais fixemos moitas preguntar ao autor sobre a súa obra. Despois agasallounos cuns debuxos e mesmo asinou todos os libros que tiñamos!

Jorge tamén levou algúns agasallos que fixeron as nenas e nenos. Ata a próxima con máis aventuras de Lalo, Xoana, Bicudo e Rufino!