Aquí vos deixamos unhas pequenas recomendacións para lecturas de verán e algúns xogos de mesa cos que pasar bos momentos nos calurosos días.
Bo verán e boas lecturas! Ata o próximo curso!
Aquí vos deixamos unhas pequenas recomendacións para lecturas de verán e algúns xogos de mesa cos que pasar bos momentos nos calurosos días.
Bo verán e boas lecturas! Ata o próximo curso!
Para rematar este curso escolar, fixemos unhas actividades relacionadas ca nosa PDI Trotamundos: viaxa desde Galicia, para conseguir todos os selos dos países que traballamos en cada aula. Aprendemos moitas cousas dos diferentes países e ademais fixemos actividades moi divertidas como bailes típicos, coñecer expresións populares, músicas, instrumentos, traxes tradicionais e ata un conto de sombras chino! Aquí deixamos unha pequena mostra do traballo. Ata o próximo curso con máis sorpresas!
Para rematar o noso ciclo de Club de lectura, fixemos onte pola tarde o último club de lectura compartida con familias co libro: "Juan sin móvil" de José Vicente Sarmiento Illán. Foi unha xornada ben interesante onde puidemos escoitar diferentes puntos de vista sobre o uso das pantallas e as tecnoloxías, así como os perigos da internet. Quen son realmente os teus amigos, quen son os non amigos e se unha persoa é rara por non ter teléfono. Moitas grazas a todas e todos por vir! E a unha mamá que nos trouxo unhas pastas riquísimas para acompañar no noso club. Ata o curso que vén con máis clubs de lectura!
Hoxe tivemos o último club de lectura de Harry Potter, co libro nº3: "Harry Potter e o prisioneiro de Azkaban". Foi un club ben xeitoso! Falamos de todos os elementos novos que aparecen no libro, comparamos coa película e falamos do medo, reflexo dos temidos dementores. Para rematar, probamos a grageas Bertie Bott de todos os sabores directamente da tenda Honeydukes de Hogsmeade e levamos un agasallo para escribir e colorear coma verdadeiras magas e magos que somos! Agardando ao próximo curso para poder continuar coa nosa saga favorita! Lumos!