12 de noviembre de 2025

CLUB DE LECTURA 6º DE PRIMARIA

Por fin comezamos cos clubs de lectura!

E estreamos cun libro de teatro de Paula Carballeira: Wombo Combo, nada máis e nada menos, para falar de algo que nos encanta, os videoxogos.

"Sara odia a súa vida, ou polo menos a súa vida real: non ten case amigas e moito menos amigos; búrlanse do seu aspecto; non é brillante nos estudos, nin sequera mediocre... Sara ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Pero Sara ten outra vida, unha vida virtual onde xoga en liña con ducias de persoas e é imbatible nas loitas facendo «Wombo Combo». Sara pasa cada vez máis tempo diante da pantalla: deixa de falar, de comer, de durmir... Ata que entra nun videoxogo novo onde debe ir superando retos, se non quere sufrir as consecuencias."
Ademais reflexionamos sobre a vida virtual e a soidade na adolescencia.





7 de noviembre de 2025

ACTIVIDADE DE OUTONO

Hoxe a clase de 6º de primaria preparou unha actividade para facer cas nenas e nenos de 5 anos na biblio: crear os duendes do outono! Unha manualidade feita con material recollido directamente das árbores do noso patio! Que bonito é o outono cheo de cores! E que maneira de ver arte nas pequenas cousas!