2 de diciembre de 2025

CHEGA O NADAL Á BIBLIO!

Para ir ambientando a nosa biblio, puxemos un recuncho adicado aos libros e contos destas datas, nadal e inverno e tamén un calendario de advento no que imos descubrindo diferentes palabras da nosa lingua, para facer da mesma unha arte!





25N: Día internacional da eliminación da violencia contra a muller

Para conmemorar este día tan importante, desde a biblioteca fixemos uns obradoiros baseados nuns contos. Contamos Rosa caramelo, Las muñecas son para las niñas e Voy conmigo. Ademais de reflexionar sobre a temática en si e sobre os libros, elaboramos unhas manualidades que nos quedaron chulísimas!

Todas e todos podemos aportar o noso gran de area contra a violencia e, máis aínda, sendo a través dunha arte tan importante coma a literatura.