2 de marzo de 2026

VISITA ANTÍA YÁÑEZ

O venres tivemos a visita da autora Antía Yáñez para falar do seu libro "Plan de rescate". As nenas e nenos de 3º e 4º de primaria fixeron un montón de preguntas para calmar as súas curiosidades e falar das personaxes. Ademais, levaron asinados os seus libros! Moitas grazas Antía! Agardamos que o pasaras tan ben coma nós e que escribas pronto a segunda parte!













25 de febrero de 2026

CLUB DE LECTURA 4º DE PRIMARIA

Onte tivemos club de lectura ca clase de 4º e o libro de Julia y los Mortimort. Foi moi interesante poder falar de familias diversas e o valor da amizade. Ademais, este libro permitiunos achegarnos á lectura dun xeito moi divertido e cheo de problemas cotidianos nos que nos sentimos reflexadas. Puidemos comparar tamén algunhas cousas cunha das nosas sagas favoritas coa que ten moitas similitudes. Que nos deparará a historia de Julia? Que pasará coas bruxas e os seus poderes? Non podemos agardar a ler o seguinte número da colección! Tamén levamos unhas pegatinas de personaxes moi simpáticas para poder poñerlles cor!











23 de febrero de 2026

23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe conmemoramos o día de Rosalía de Castro desde a biblio ca elaboración deste traballo poético tan bonito, feito polo alumnado de 6º de primaria, onde traballamos a vida e obra da gran autora, precursora da nosa literatura e unha das grandes escritoras das nosas letras.













20 de febrero de 2026

11 FEBREIRO: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Este día conmemoramos o día da muller e a nena na ciencia cunhas actividades na biblio. Fixemos un visionado para coñecer algunhas mulleres científicas e despois un experimento centrado na agrónoma e bioquímica xaponesa Michiyo Tsujimura, que fixo o seu traballo arredor das propiedades do té verde e os seus compoñentes. Convertemos á biblioteca nun laboratorio por un día!