25 de marzo de 2023

23 de marzo de 2023

RADIO NA BIBLIO.2.0

 E seguimos a traballar na Biblio. Nesta ocasión en 2º de primaria fixemos un traballo de equipo elaborando unhas noticias e despois pasamos a facer o noso propio informativo. Como non, aproveitamos a nosa nova radio para gravar!! 





22 de marzo de 2023

CLUB DE LECTURA 3º DE PRIMARIA

Hoxe as nenas e nenos de 3º de primaria tiveron un club de lectura cheo de misterios e segredos da man de Amanda Black e a súa herencia perigosa. Este libro de Juan Gómez-Jurado e Bárbara Montes está cheo de aventuras e converteuse nun dos thrillers máis vendidos. Ademais de falar e comentar as súas impresións sobre a lectura, fixeron algunhas actividades temáticas. Bo traballo rapazada! Xa están preparando o seguinte club... Cal será?


 










10 de marzo de 2023

RADIO NA BIBLIO "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER"

 Polo Día Internacional da Muller entrevistamos a unha muller que traballa na ciencia, e ademais é nai  de Noa e Leire. Grazas sempre polas vosas colaboracións!





















CON-CIENCIA NAS AULAS

 E continuamos traballando o proxecto desde as diferentes aulas.

O alumnado de 3 anos fixo "NEVE"









As crianzas de 5 anos e 3 fixeron un "VOLCÁN DE LAVA"












O alumnado de 3º estivo experimentando sobre forzas e imáns!!





7 de marzo de 2023

CON-CURSO. CON-CIENCIA

 AQUÍ ESTÁN AS PISTAS DESTA SEMANA!!

RECORDADE! MAÑÁ É O ÚLTIMO DÍA PARA RESPONDER







6 de marzo de 2023

CON-CIENCIA E FAMILIAS. 2.0

 DAS VOSAS COLABORACIÓNS CO PROXECTO RECIBIMOS UN CORREO OFRECÉNDONOS UNHA SESIÓN CON UNHAS CIENTÍFICAS, CONCRETAMENTE OCEANÓGRAFAS QUE TRABALLAN NO INSTITUTO DE INVESTIGACIÓNS MARIÑAS DO CSIC (CONSELLO SUPERIOR DE INVESTIGACIÓNS CIENTÍFICAS). 

TRATÁBASE DE SUSANA, A TÍA DE ADRIÁN SOUSA, E AGASALLÁRONNOS CON 4 SESIÓNS (PARA 4 GRUPOS) DAS QUE APRENDEMOS MOITÍSIMO.

GRAZAS POR ESTAS MARABILLOSAS APORTACIÓNS!!!