Hoxe as nenas e nenos de 3º de primaria tiveron un club de lectura cheo de misterios e segredos da man de Amanda Black e a súa herencia perigosa. Este libro de Juan Gómez-Jurado e Bárbara Montes está cheo de aventuras e converteuse nun dos thrillers máis vendidos. Ademais de falar e comentar as súas impresións sobre a lectura, fixeron algunhas actividades temáticas. Bo traballo rapazada! Xa están preparando o seguinte club... Cal será?
No hay comentarios:
Publicar un comentario