21 de enero de 2026

CLUB DE LECTURA ADULTA

Onte pola tarde tivemos o noso primeiro club de lectura adulta deste curso, co libro de Sonsoles Ónega: "As fillas da criada". Un libro cargado de emocións contraditorias e sentimentos atopados que nos fixeron reflexionar moito sobre emigración, feminismo, activismo, dereitos humanos e moitas outras cousas máis. Foi moi interesante escoitar os diferentes puntos de vista e as vivenzas persoais de cada unha de nós ás que nos levaban algúns capítulos do libro. E facermos recomendacións lectoras que sempre é moi gratificante. Ademais puidemos facer comparacións coa parte audiovisual, xa que se fixo unha serie televisiva que algunhas das presentes viron e comentaron.

No que si estamos dacordo, coma unha personaxe importante do libro, que amor e mar hai para todas.

Agardando polo seguinte club de lectura que será en maio co libro de Domingo Villar: "A praia dos afogados". Pronto máis novidades do club! Vémonos na seguinte lectura!







No hay comentarios:

Publicar un comentario