O pasado martes pola tarde tivemos o segundo club de lectura adulta da man de Domingo Villar e o seu libro: "A praia dos afogados". Conversamos arredor do libro e das temáticas diversas que aparecen, ao mesmo que relacionamos certas historias de pescadores cas nosas propias historias e contamos anécdotas que sabiamos. Ademais, tivemos a sorte de ver o último libro de Domingo, asinado por el mesmo, onde conta historias de pescadores. O máis interesante foi escoitar as distintas opinións de cada unha das persoas asistentes e de quen desconfiaban nun primeiro momento que fora o asasino; algunhas acertaron e outras non! Tamén puidemos facer o noso propio programa de consulta de radio, coma o protagonista do libro, Leo Caldas e contamos no noso Club nas ondas as nosas impresións, así como falar das lecturas que nos interesan e recomendacións. Foi moi interesante! Xa estamos barallando os próximos libros de lectura do curso que vén!











No hay comentarios:
Publicar un comentario