Onte inauguramos o club de lectura de cómic con nenas e nenos de diferentes cursos de primaria. Nesta ocasión escollemos a saga Runas e comezamos co primeiro libro: A historia das mil caras. Falamos de cada personaxe e o seu papel na historia e de temas que aparecen como o bullying e o valor da amizade e a inclusión. Fascinounos que a protagonista fora xorda e que ese sexa o medio de comunicación en todo o libro, o que nos permitiu aprender algúns signos e poñernos no seu papel; unha lingua máxica! Agardando polo segundo libro a ver como continúa a aventura!









No hay comentarios:
Publicar un comentario