Os nenos e nenas de Educación Infantil elaboraron, xunto coas súas titoras, uns fermosos caligramas relacionados co mar.
31 de marzo de 2016
15 de marzo de 2016
Boletín nº 2: 21 de Marzo, Día Mundial da Poesía
O boletín do mes de marzo céntrase, como non, na poesía. Esperamos que vos guste!
13 de marzo de 2016
A escritora Ledicia Costas na biblioteca
A escritora Ledicia Costas pasou pola nosa biblioteca o pasado 9 de
marzo para compartir cos nenos e nenas de 5º e 6º a súa experiencia escribindo
o libro “Escarlatina,a
cociñeira defunta”. Así mesmo, compartiu anécdotas, curiosidades, e asinou exemplares do libro.
Nós agradecémosllo cun pequeno agasallo e
con moitas ganas de ler a precuela de Escarlatina, titulada “Esmeraldina,
a pequena defunta”.
1 de marzo de 2016
I Certame de Poesía
Temática: A amizade
Bases:
- Haberá dúas categorías para participar:
• Nenos e nenas de 3º e 4º.
• Nenos e nenas de 5º e 6º.
- Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara. Debe engadirse o nome do neno/a e o curso. O poema pode estar ilustrado con debuxos e cores.
- Os traballos premiados publicaranse no boletín e no blogue da biblioteca.
- Valorarase a creatividade, a orixinalidade e a ausencia de faltas de ortografía.
Data: Entregaranse antes do 18 de marzo ao titor/a. Unha vez recompilados todos os poemas entregaranse á coordinadora do Equipo de Biblioteca.
I Certame de Caligramas
Co obxectivo de
fomentar actividades artísticas e literarias no noso centro, o Equipo de Biblioteca convoca o I Certame de Caligramas dirixido ao alumnado de Infantil e aos cursos
de 1º e 2º de Educación Primaria.
Qué é
un caligrama?
Un
caligrama é un poema feito debuxo. Nos caligramas o poema debuxa o obxecto
relacionado co tema principal deste. Por exemplo, se o poema fala dun gato,
escribirase o texto en forma de gato.
Bases:
-
Haberá
dúas categorías para participar:
·
Nenos
e nenas de Educación Infantil.
·
Nenos
e nenas de 1º e 2º de primaria.
O
texto do caligrama pode ser inventado, ou ben poderá utilizarse calquera texto
literario publicado en verso (preferiblemente en galego)
- Os
traballos premiados publicaranse no boletín e no blogue da biblioteca.
Data: Entregaranse
antes do 18 de marzo (de ser posible) ao titor/a. Unha vez recompilados todos
entregaranse á coordinadora do Equipo de
Biblioteca.
7 de febrero de 2016
Boletín nº 1: 24 de Febreiro, Día de Rosalía
Xa está aqui o novo boletín da biblio, esta vez con Rosalía de Castro na portada, xa que o 24 de Febreiro celebramos o seu nacemento e o seu compromiso coa nosa lingua.
17 de enero de 2016
O novo Boletín da biblio "Burbulla"
Biblioburbulla xa ten o seu boletín, "Burbulla", elaborado polos nenos e nenas de 6º en colaboración co Equipo de Biblioteca.
Neste novo boletín recolleremos novidades, libros recomendados, os vosos traballos, fotografías, humor e moita información relacionada coa biblioteca. Esperamos que teña unha longa vida por diante grazas as vosas aportacións.
Benvido Burbulla!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

