22 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

HOXE, COMO É UN DÍA TAN ESPECIAL, COMPARTIMOS ESTAS ACTIVIDADES PARA QUE VOS DIVIRTADES EN FAMILIA COA LINGUA.

BICOS DE BURBULLAS

JUEGOS EN EL DÍA DEL LIBRO

CONTOS EN FAMILIA

E PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO RECIBIMOS ESTA MARABILLA DA MAN DE LAURA (DE 4º DE ED. PRIMARIA) E PAULA, (DE 5º DE ED. INFANTIL). BRAVO IRMÁS!!




CONTO EN FAMILIA LAURA E PAULA

21 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO 2020

BO DÍA A TODOS E TODAS!!
O 23 DE ABRIL É O DÍA DO LIBRO E PARA CELEBRALO CÓNTOVOS UN CONTIÑO COA MIÑA FAMILIA. ENCANTARÍAME QUE VOS ANIMÁRADES A CONTAR O VOSO CONTO EN FAMILIA DA MANEIRA QUE MÁIS VOS GUSTE. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!! PARA VER O VÍDEO, CLICK NO ENLACE:

CARACOL E VERMIÑO

10 de febrero de 2019

PDI para este curso: Mulleres con Pegada

   Podedes atopar no noso Pinterest un taboleiro relacionado co proxecto elexido para este curso. Esperamos que vos sexa de utilidade.

Retomamos o blog cunha triste nova


   Onte, 9 de febreiro, deixabanos Tomi Ungerer, un dos mais grandes ilustradores e escritores de literatura infantil. 
Sen dúbida algunha, todos coñecemos algunha das súas fantasticas obras e ilustracións.


http://www.kalandraka.com/blog/2019/02/09/tomi-ungerer-in-memoriam/?fbclid=IwAR3Pnuz40YtBw9dNPdSdpDPK0WpLT3yX2alfZTeNtoQNsrGmASkcl8gWj4w

 Deixamos a continuación a pequena homenaxe que a editorial galega Kalandraka fíxolle no día de onte a este gran autor.

“O meu traballo é o meu refuxio, o meu sanatorio. Manteño a miña cordura grazas ao meu traballo”, afirmaba o artista Tomi Ungerer nunha entrevista recén publicada neste mes de febreiro en The Comics Journal, realizada polo editor da revista, Gary Groth. Ungerer respondía afirmativamente cando lle preguntaba se sentía alegría no acto creativo, fosee debuxando ou escribindo. “É máis unha euforia”, precisaba o autor quen, aos seus 87 anos, seguía en activo. Nesa longa conversa, Tomi Ungerer tamén aseguraba que “por primeira vez” na súa vida atopábase “perfectamente feliz” coa súa obra.

    Inconformista, vital, irreverente, comprometido, auténtico. Tomi Ungerer faleceu en Irlanda, onde o artista encontrou o seu lugar no mundo, rodeado de paz e de sentido do humor.
    Quedan orfos Críctor, Rufus, Adelaida, Emilio… Allumette  consólase cos seus Novos amigos, Rafi e Ki… Choran Os tres bandidos… E os seus admiradores en todo o mundo vestímonos simbolicamente con capas e chapeus vermellos, coma os nenos desvalidos que achaban refuxio e afecto naquel vello castelo do conto.

    Parafraseando o título do fantástico documental sobre a vida de Tomi Ungerer, “Far out isn’t far enough”, de Brad Bernstein, nunca é abondo lonxe. Por mais que nos deixara, nunca nos abandonará o recordo deste grande autor, a súa memoria perdurará no tempo, os seus libros -que xa son clásicos fundamentais na historia da Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea- seguirán acompañando as lectoras e os lectores de hoxe… e de sempre.

Grazas, Tomi Ungerer!