22 de abril de 2022
CONTOS QUE ALIMENTAN
Estes nenos e nenas de 2º están ben famentos de contos! Pois... Démoslle de comer!!!
"CONTOS QUE ALIMENTAN"
Hai que ver ao noso alumnado de infantil o animados que están coa nosa Feira do libro solidaria!!!
21 de abril de 2022
CONTOS QUE ALIMENTAN
Continuamos co noso proxecto... Recibimos a visita dun colaborador do Banco de alimentos de Vigo, que nos explicou en que consistía o Banco de alimentos e como podemos axudar...
Decidimos animarnos e facer uns spots publicitarios para animar a toda a comunidade educativa a participar na nosa Feira de "Contos que alimentan"
9 de abril de 2022
Entrevista en Contextos Reais de Aprendizaxe
Estas últimas semanas estivemos traballando a entrevista, dentro do proxecto da biblioteca "Contextos Reais de aprendizaxe".
3 de abril de 2022
CONSELLO DA INFANCIA
Por fin puidemos constituír o Consello da infancia!!!
No centro queremos darlle voz a todo o alumnado, por iso constituiuse este órgano con representación de alumnado de todos os grupos, para poder ser escoitado polo claustro e equipo directivo.
Estamos escoitando as súas suxestións e peticións para ter un patio máis inclusivo, diverso, didáctico e divertido para todos e todas.
20 de diciembre de 2021
COCIÑANDO TURRÓN
E voltamos a un contexto real de aprendizaxe. A alimentación saudable e o Nadal... Fixemos o noso propio calendario de merendas e decidimos cociñar un doce de Nadal de maneira autónoma. Este foi o proceso...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


