8 de febrero de 2023

CON-CURSO CON-CIENCIA

E... XA ESTAMOS NA SEGUNDA SEMANA DO CONCURSO DE CIENCIA... QUEN SERÁ DESTA VEZ O CIENTÍFICO OU CIENTÍFICA AGOCHADO??? RECORDADE!!! O PRAZO PARA RESPONDER REMATA MAÑÁ AS 11:00 DA MAÑÁ!! SORTE!! (GRAZAS NEREA POR RECORDARME PUBLICAR AS PISTAS)

7 de febrero de 2023

CLUB DE LECTURA ADULTA

Hoxe comezamos co club de lectura para adult@s. O libro escollido foi "Las herederas de la singer" de Ana Lena Rivera. Unha historia familiar de mulleres fortes e a máquina de coser que marcou as súas vidas. Parece que moitas problemáticas doutros tempos seguen a estar presentes nas nosas vidas... Desexando facer o seguinte! Moitas grazas a todas as que vos acercarstes!

1 de febrero de 2023

CON-CURSO CON-CIENCIA

SIIIII XA ESTÁ EN MARCHA O NOSO CONCURSO DE CIENTÍFICOS E CIENTÍFICAS IMPORTANTES. E XA TEMOS A TODOS OS PARTICIPANTES QUE SE QUIXERON APUNTAR!!
ESTAS SON AS PISTAS DA SEMANA PARA AVERIGUAR A ESTE CIENTÍFICO OU CIENTÍFICA!!!
MAÑÁ ANTES DAS 11:00 DEBERÁS BOTAR NO BUZÓN A TÚA PAPELETA COA SOLUCIÓN!!! A INVESTIGARRRRRRRRRRRRRRR!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

25 de enero de 2023

CLUB DE LECTURA 2º

Nenas e nenos de 2º de primaria escolleron o libro ¡Nos ha tocado la lotería! de Pere Comellas. Falaron sobre o libro e discutiron sobre súas as ideas e opinións das prioridades na vida. Hai cousas máis importantes que o diñeiro!

14 de enero de 2023

CLUB DE LECTURA PARA ADULTOS

Desde a biblioteca queremos apoiar e animar ás nais e pais que non poidan participar polo coidado dos fillos e fillas. Se é o voso caso poñédevos en contacto connosco. Agardámosvos o martes, 7 de febreiro, as 17:30!

12 de enero de 2023

CLUB DE LECTURA. FAMILIAS

OS NENOS E NENAS APRENDEN O QUE VEN. CLUB DE LECTURA PARA FAMILIAS.TARDE DO 7 DE FEBREIRO. ANÍMATE!