16 de febrero de 2024

13 DE FEBREIRO: DÍA MUNDIAL DA RADIO

Este 13 de febreiro celebrouse o día mundial da radio e para sumarnos á iniciativa de Ponte nas ondas! Enviamos os pódcasts que gravamos a clase de 6º de primaria, adicados a catro grupos galegos. Deixamos o enlace para que os poidades escoitar!

 

http://www.escolasnasondas.com/ 



11 DE FEBREIRO: DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA

 A clase de 4º de primaria fixo un xogo de escapismo matemático sobre Marie Curie, para celebrar o día da nena e a muller na ciencia.




Resolveron unha morea de enigmas e abriron os candados para poder levar o premio final escondido nas caixas rusas: os elementos químicos de Marie Curie! Foi moi divertido!








8 de febrero de 2024

ENTROIDO NA BIBLIO!

 Este mércores día 7 de febreiro tivemos a gran sorte de contar cunha familia de cigarróns de Verín!





Contáronnos unha morea de cousas sobre os traxes, os complementos e a súa historia. E todo feito á man por verdadeiras artistas! Foi chulísimo! As nenas e nenos de todo o cole puideron probar tamén as máscaras e as chocas e descubrir coas súas propias mans o pesados que son os traxes.






31 de enero de 2024

SESIÓN DE CONTACONTOS

 As nenas e nenos de 4º curso de primaria fixeron unha sesión de contacontos á clase de 3 anos, como proxecto final da materia Proxecto Competencial, coa axuda da súa profe María.


Foi unha experiencia moi divertida e bonita, cun dos seus contos favoritos: Corre, corre, cabaciña!

Pasárono xenial!








16 de enero de 2024

CLUB DE LECTURA ADULTA

Hoxe tivemos o primeiro club de lectura adulta co libro "As alumnas" de Paula Carballeira. Tivemos unha moi boa acollida entre profes e contamos coa presenza tamén da escritora An Alfaya.

A memoria, as lembranzas que se van desenvolvendo neste xogo de persoas adultas que é o teatro, fixéronnos descubrir como as decisións que se tomaron, o medo e a rebeldía, marcaron o seu destino. A historia de Elvira e Rosa fixéronnos reflexionar acerca da memoria histórica, do feminismo e da importancia da nosa lingua, ademais de outros temas que se poden ler entre liñas.



Foi ben interesante! Esperamos con moitas ganas o seguinte club de lectura! Graciñas por vir!

21 de diciembre de 2023

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS E XOGOS (CURSO 23-24)

Por aquí deixamos algunhas recomendacións de libros e xogos para diferentes idades por se queredes algunha idea para agasallar! Están todos moi chulos, anímate a pedir algún! Boas festas e boas lecturas!

 

https://view.genial.ly/6574a91ddd7b0400140f9363/interactive-content-recomendacions-lectoras


19 de diciembre de 2023

CLUB DE LECTURA 4º

Hoxe fixemos club de lectura dunha familia moi especial. Julia é unha nena normal, todo o normal que se pode ser sendo unha humana vivindo dentro dunha casa repleta de monstros! Un pai zombi, unha nai vampira, unha avoa ogro, unha irmá non-morta e un irmá lobishome...Non existe unha familia igual!



Julia pensaba que era normal ata que un día...Plaff! Fixo voar unha caca contra a cara da súa archiinimiga cos seus poderes máxicos. Conseguirá descubrir como usar os seus poderes antes de que a cousa saia de control? Non sabemos moi ben xa que a historia continuará...



Todo isto e moito máis falaron a clase de 4º de primaria co libro de Raquel Díaz Reguera, Julia y los Mortimort. Una niña un poco muerta. Un libro co que morrer...de risa!