8 de abril de 2024

MES DO LIBRO: SUSA HERRERA

O día 4 de abril seguimos co noso mes do libro xunto a Susa Herrera. Cantamos e bailamos cancións do seu último libro-cd: Cabárceno, rugidos y canciones.

Foi moi divertido e ademais aprendimos moitas cousas interesantes de animais salvaxes!




 Sempre está xenial poñer música ás letras!

MES DO LIBRO: CLUB DE LECTURA AN ALFAYA

Dentro do mes do libro, tivemos a sorte de inaugurar o día 3 de abril, cun Club de Lectura do libro O corazón das casas, coa presenza da autora An Alfaya e o ilustrador Mario G. Alfaya.

Falamos sobre o libro, as inquedanzas da autora e do ilustrador e os seus gustos e contáronnos un montón de aventuras e historias.









Moitas grazas An e Mario por seguir formando parte do noso centro e contarnos tantas cousas interesantes!

21 de marzo de 2024

CLUB DE LECTURA 4º

Hoxe tivemos un club de lectura coa clase de 4º cun libro misteriosos e moderno, onde as protagonistas son as tecnoloxías. Ademais de ter unha cousa moi interesante, unha guía para familias!

Juan é a única persoa do mundo, de todo o universo, que cumpriu 10 anos e aínda non ten teléfono móbil! Quere un móbil! E claro, se tes 10 anos e non tes móbil tampouco tes amigos. Iso é así, unha verdade absoluta, como que se non tes amigos ao final, os teus amigos son aqueles que tampouco teñen amigos. Menudo lío!

Esta historia peculiar acompaña a Juan, Rob e Lisa e tamén aos tecno-zombis!

Aprenderon moito vocabulario actual e debatiron sobre o uso do teléfono nas persoas menores de idade, as redes sociais e os perigos que poden aparecer navegando no internet.

Un libro que lle gustou moito a esta clase!











19 de marzo de 2024

CLUB DE LECTURA 5º

Hoxe tivemos club de lectura dun libro moi especial: Esmeraldina, a pequena defunta; un libro dunha das nosas escritoras favoritas e que dá nome á nosa biblio: Ledicia Costas.

O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste. Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial. A vida avanza entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena. 

A noticia da súa morte corre como a pólvora entre os habitantes do alén, e empezan a chegar ao hotel defuntos de todas as procedencias, dispostos a instalarse. Esmeraldina necesita aprender a ser unha pantasma de verdade. Para iso contará coa axuda de Lady Horreur, unha peculiar araña francesa que se converterá na mellor mestra e amiga, e Nicotina, unha vaqueira que teima en levala ao seu novo fogar: o Alén Mundo.

O Libro de Receitas da Tremenda acompaña esta historia de medo e humor macabro, converténdoa no petisco perfecto para degustar antes ou despois de ler Escarlatina, a cociñeira defunta.

Ata trouxeron probas das receitas do libro! Que boas sobremesas!










18 de marzo de 2024

SESIÓN DE CONTACONTOS

Como proxecto da materia Proxecto Competencial, a clase de 4º fixo unha sesión de contacontos ás nenas e nenos de 3 anos. Que contos máis chulos e que historias máis bonitas contaron!














27 de febrero de 2024

REGUEIFA NA BIBLIO!

O luns 26 de febreiro tivemos unha visita moi especial na biblio, uns regueifeiros! Aprendemos unhas técnicas para improvisar de xeito oral e creamos as nosas propias regueifas. Ademais, contáronnos moitas cousas sobre a regueifa e como se chaman no resto dos lugares.

Ademais cantamos acompañad@s dun instrumento típico galego, a zanfona, que tocaba Luis o Caruncho.








CLUB DE LECTURA 4º

Hoxe temos o club de lectura adicado ao libro: Unha veciña de película de Iria Misa, veciña de Gondomar.

Unha historia máxica que contaxia a paixón pola sétima arte: o cine.




 

Comparamos lecturas e falamos da importancia da lingua galega e o seu coidado e novo vocabulario que atopamos e aprendemos. Ademais hai mensaxes ocultas e xeitos diferentes de escribir un libro que chamou moito a atención das lectoras e lectores.

O verán preséntase longo e aburrido para os xemelgos Elsie e Simón, mais todo dá un xiro inesperado cando chega unha nova inquilina á casa do lado. Entre os obxectos do máis curioso que Alice leva ao novo fogar, destaca un vello reprodutor de cine que axiña chama a atención dos irmáns. Grazas a el, e guiados pola estrafalaria veciña, os rapaces vivirán aventuras só imaxinables na gran pantalla. Será unha viaxe moi sorprendente!