O luns celebramos o día de Rosalía de Castro, muller escritora e visionaria galega. Preparamos uns versos dun dos seus poemas máis emblemáticos "Has de cantar" do poemario Cantares gallegos. Ademais de escoitar ese poema na entrada do cole da man do grupo Maianas, puxemos os versos polos chanzos de subida, para poder seguir a letra. Que viva Rosalía!
25 de febrero de 2025
18 de febrero de 2025
CLUB LECTURA CONXUNTA (3º-6º DE PRIMARIA)
Hoxe, martes 18 de febreiro, tivemos un dos clubs de lectura máis esperado...Harry Potter e a pedra filosofal! Empezamos cunha das sagas máxicas máis especiais da historia e a acollida foi espectacular!
Ata fixemos unha cerimonia de selección das casas, na que cada persoa que veu ao club de lectura foi escollida nunha das catro casas da escola de maxia Hogwarts. Ademais levaron o seu carné para poder poñer os selos en cada club de lectura de Harry Potter. Había tantas cousas que comentar que non nos deu tempo a todo! Quedamos con moitas ganas de facer o segundo xa! Expeliarmus!
11F - DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA
Os pasados xoves e venres celebramos na biblioteca o Día da nena e a muller na ciencia, facendo uns experimentos moi chulos e falando sobre algunhas propiedades dos materiais. Aprendemos que a ciencia necesita moita paciencia e que moitas veces as cousas non saen como esperamos, por iso é importante o ensaio-erro para acadar resultados.
CLUB DE LECTURA ABERTO (5º E 6º DE PRIMARIA)
O luns 10 de febreiro fixemos o terceiro club de lectura da saga Heartstopper, neste caso falamos sobre o libro número 3, "Un paso adelante". De como evoluciona a historia de Nick e Charlie e de temas como o bullying e os trastornos da alimentación, por exemplo, que aparecen no libro e que tanto nos preocupan. Tamén como que os nosos actos teñen consecuencias e como poder do mundo un lugar mellor, empático e tolerante. A polo libro 4!
22 de enero de 2025
CLUB DE LECTURA 3º
Onte fixemos o primeiro Club de lectura con algunhas nenas e nenos de 3º e foi todo un éxito! Falamos do libro "Juan sin móvil" de José Vicente Sarmiento e dalgúns temas relacionados, como o uso indebido das tecnoloxías e o seu abuso que nos pode chega a convertir en zombis! Gustoulles tanto a experiencia que xa están comezando a ler o seguinte libro: O corazón das casas de An Alfaya. Así dá gusto facer clubs para compartir lecturas!
15 de enero de 2025
CLUB LECTURA ADULTA
Na tarde de onte tivemos o primeiro Club de lectura adulta, nada máis e nada menos que co último libro de Ledicia Costas: Pel de cordeiro. Dúas historias interconectadas de dúas épocas diferentes, que nos fixeron falar de bruxería, remedios herbais, rituais e mesmo contar moitas anécdotas arredor desa temática. Foi unha lectura que gustou moito ás persoas participantes e motivou á lectura de xente que aínda non a lera.
Na próxima cita de Club de lectura adulta, teremos o libro de Rosa Aneiros: A noite das cebolas. Agardando con ganas!
CLUB LECTURA ABERTO (5º E 6º DE PRIMARIA)
Onte tivemos a segunda parte do Club de lectura da saga Heartstopper. Seguimos falando sobre a historia destes rapaces, a evolución como persoas, os valores, a empatía, a tolerancia e outros aspectos importantes da nosa vida para poder facer un mundo máis respectuoso no que poder vivir libremente. Coma sempre, foi moi interesante!







































