O martes tivemos un torneo exprés na hora do patio para xogar ao dobble, un xogo de mesa de cartas moi divertido. De 16 participantes de varios cursos que se apuntaron, quedou un gañador de sexto curso. Foi un éxito rotundo, ata queren volver repetilo! Houbo modalidade de dobble tradicional e de temática Harry Potter. Unha maneira de pasar os recreos na biblio e socializar con persoas do cole, ademais de desenvolver a nosa rapidez mental e agudeza visual...Que máis podemos pedir?
24 de marzo de 2026
OBRADOIRO DE IMPROVISACIÓN ORAL (REGUEIFAS)
O luns pasado tivemos un obradoiro de improvisación oral na clase de sexto, no que aprendemos a facer regueifas cun ritmo marcado e a crear coplas da man de Luis Caruncho e Daniel Pinto. Outro curso máis no que coñecemos a orixe das regueifas e como construílas dun xeito divertido e rápido. Ademais, trouxeron un instrumento tradicional que nos encanta: a zanfona. Quedaron unhas coplas ben chulas! Algunhas puidemos cantalas para os demais!
13 de marzo de 2026
II TORNEO DE XADREZ
Durante esta semana tivemos o noso segundo torneo de xadrez e foi moi interesante! Cada vez veñen mellor preparados e preparadas, mesmo tivemos zona de aprendices para poder participar no torneo do curso que vén. Esta vez, como novidade, o gañador xogou como gran final contra o director do cole; e tamén lle gañou! Temos un vencedor invencible!
9 de marzo de 2026
RETO DO 8M
Durante a semana pasada fixemos un reto moi interesante e literario sobre o día da muller (8M). Consistía nun reto de busca nalgúns dos nosos libros relacionados ca PDI "As 7 artes"; había que completar unha tarxeta con nomes de mulleres nas artes: unha pintora, unha escultora, unha escritora, unha bailarina, unha cantante ou compositora, unha directora de cine ou actriz e unha arquitecta. Era un xogo voluntario e só se podía atopar a información nestes libros. Quen conseguía o reto, gañaba unha chapa deseñada para este día. Tivemos bastante xente! Foi moi divertido pasar o patio doutro xeito!
!
6 de marzo de 2026
HOMENAXE RAMÓN OTERO PEDRAYO
Onte xoves día 5, conmemórase o 50 aniversario do pasamento de Otero Pedrayo, que dá nome ao noso cole. Con tal motivo, fixemos un acto na biblioteca cun visionado dun documental, ademais de facer chapas e unha entrevista na radio ao mesmísimo Ramón! Podedes escoitala no seguinte código QR. Moitas grazas á Fundación Otero Pedrayo e o equipo de Normalización Lingüística da UVigo, que nos visitou, ademais da vicerectora Susana Reboreda, O mestre e actor do documental Suso Cobián; a concelleira de educación do concello, Olga Alonso e representantes da nosa ANPA. Ademais, sopramos unhas velas e entregáronnos uns agasallos ben chulos! Gran traballo por parte de todo o alumnado!














































.png)











