O día 7 de abril tivemos a sorte de visitar unha das bibliotecas públicas máis emblemática da cidade, a biblioteca Juan Compañel. Visitamos cada unha das estancias e explicáronnos moitas cousas sobre libros e empréstitos. Ademais fixemos un xogo de busca de pistas pola biblio, coñecendo os espazos e puidemos ir á sala dos libros onde lemos e vimos un montón de exemplares que nos deixaron. Había verdadeiras obras de arte que puidemos manipular!
17 de abril de 2026
25 de marzo de 2026
CLUB DE LECTURA LIGHTFALL
Onte comezamos co club de lectura mixta do libro de Lightfall 1: La última llama. Neste primeiro club da saga, falamos das personaxes, escenarios e historias que seguirán no libro 2 e de como se transmiten as emocións e aventuras a través da banda deseñada e as ilustracións. Encántanos falar de libros fantásticos! Ademais, levaron uns carnés para ir marcando con pegatinas cada un dos clubs de lectura desta saga e ir tendo unha continuidade do mesmo. Participaron nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de primaria, que pouco a pouco van creando os seus propios diarios de lectura, tendo como exemplo ás nenas e nenos de sexto que xa o fan como rutina lectora.
DÍA DA POESÍA
Para conmemorar o día da poesía (21 de marzo) preparamos un obradoiro de collage ca clase de 6º de primaria para desenvolver a súa creatividade e gusto pola poesía en lingua galega. Ademais de facer unha busca nos libros da biblioteca, escolleron as imaxes en revistas e catálogos retirados, para así fomentar tamén o uso de material de refugallo e concienciar na responsabilidade ecolóxica que levan traballando arredor dos ODS.

































































