21 de mayo de 2024

CHAPAS PARA A FESTA DAS LETRAS GALEGAS!

Para festexar o noso día das Letras Galegas, deseñamos unhas chapas para levar o día da festa. Cada clase debuxou e pintou cadaquén a súa e despois escolleron a que máis lles gustou para facer a mesma para toda a clase!

Quedaron preciosas!




AGASALLOS DA ANPA!

Recibimos por parte da ANPA do cole estes xogos tan chulos para poder usar nos recunchos dos corredores da hora de patio de chuvia!

Moitas grazas! 






CLUB DE LECTURA 4º

Hoxe tivemos un club de lectura dun libro moi lido no noso cole: Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas.

Un libro cheo de aventuras e receitas que nos encantan! Falaron das súas personaxes favoritas, da nosa escritora e esas anécdotas tan divertidas do libro.

Ademais tamén aparece unha figura moi especial para as nenas e nenos de 4º que viñeron: as avoas e os avós, que sempre están no noso corazón aínda que non sexa de maneira presencial.

E de outro tema que trae moita curiosidade, a morte e como se festexa noutros países.





24 de abril de 2024

MES DO LIBRO: LECTURAS COMPARTIDAS

Para festexar o día do libro, o día 23 fixemos a última actividade do mes do libro: lecturas compartidas.

Nela, as nenas e nenos máis maiores encargáronse de ler varios contos á rapazada máis pequena, compartindo así historias e aventuras nun día soleado do patio. Foi moi bonito e construtivo.

Para rematar o día, levaron a casa un pequeno agasallo: un libro viaxeiro para que teña outra vida e recorra máis mundos.

FELIZ DÍA DO LIBRO!

















19 de abril de 2024

MES DO LIBRO: CLUB DE LECTURA CON IRIA MISA

Hoxe tivemos a gran sorte de contar coa autora Iria Misa no noso club de lectura do libro Unha veciña de película. Ademais de falar do libro e da historia, as nenas e nenos que viñeron preguntaron moitas cousas interesantes acerca de libros, cine, familias diversas... Foi moi interesante e divertido falar con esta escritora! Aprendemos moitas curiosidades e datos. Nesta sesión houbo algunhas nenas e nenos que están pensando en escribir o seu propio libro, aínda lle pediron algún consello!

Despois asinounos os libros e os traballos tan chulos que tiñamos feitos nas nosas cámaras de papel!

Moitas grazas Iria! Estamos agardando a segunda parte xa!













MES DO LIBRO: CONTACONTOS E OBRADOIROS

O día 18 festexamos o día do libro LGTB dentro da nosa programación do Mes do libro. Tivemos 3 sesións de contacontos para todo o cole:

- Elmer: infantil, 1º e 2º

- Xe: 3º e 4º

- Con tango son tres: 5º e 6º

E despois fixemos uns obradoiros plásticos moi chulos! Ademais de falar sobre temas que nos interesaban e facer as preguntas que nos inquietaban. Quedamos cunha visión do colectivo moi clara e respetuosa.

Moitas grazas a Gonzalo e á Asociación Avante por facelo posible!
















16 de abril de 2024

CLUB LECTURA 1º

Hoxe tivemos o primeiro club de lectura da clase máis peque de primaria e fixeron a estrea cun súper libro! "Invisible" de Eloy Moreno, o best seller xuvenil adaptado ás máis pequenas. Este álbum combina o mellor dos dous mundos: o formato da colección Contos para contar entre dous e a historia que emocionou a moita xente lectora. Un libro perfecto para gozar en grupo.

Falaron moito das emocións e como fan para solucionar o que lles pasa polas súas cabeciñas. Dixeron e contaron cousas moi interesantes!