19 de diciembre de 2025

RECOMENDACIÓNS DE NADAL!

Rematado o trimestre, queremos desexarvos unhas boas festas e moi boas lecturas! Aquí deixamos unhas recomendacións de libros e xogos por se queredes algunha idea para estas vacacións! Vémonos á volta con moitas máis cousas na biblio! Ata pronto!

https://view.genially.com/693ef619ea11e26398cfa3a1



16 de diciembre de 2025

OBRADOIRO DE CONTOS TRADICIONAIS DE NADAL

Hoxe tivemos unha sesión moi especial de contacontos de nadal! O alumnado de 6º de primaria, xunto ás clases de 4 e 5 anos, escoitamos o conto do apalpador e dos reis magos. Ademais fixemos uns apalpadores de cores e comemos roscón de Reis! Estaba boísimo!

Agardando que cheguen as vacacións con moitas ganas!















9 de diciembre de 2025

CLUB DE LECTURA 6º DE PRIMARIA

Hoxe temos a sorte de facer un club de lectura cun dos últimos libros da nosa Ledicia Costas: Feriópolis. Un libro cheo de fantasía e misterio, que nos transporta a outro universo, literalmente. Falamos sobre as feiras, as nosas atraccións favoritas e se cambiariamos a nosa vida por quedarnos noutro mundo aparentemente mellor. E sobre todo, a importancia dos prexuízos e as amizades. Que idea tedes vós do que é unha bruxa? Aquí temos as nosas dúbidas!





2 de diciembre de 2025

CHEGA O NADAL Á BIBLIO!

Para ir ambientando a nosa biblio, puxemos un recuncho adicado aos libros e contos destas datas, nadal e inverno e tamén un calendario de advento no que imos descubrindo diferentes palabras da nosa lingua, para facer da mesma unha arte!





25N: Día internacional da eliminación da violencia contra a muller

Para conmemorar este día tan importante, desde a biblioteca fixemos uns obradoiros baseados nuns contos. Contamos Rosa caramelo, Las muñecas son para las niñas e Voy conmigo. Ademais de reflexionar sobre a temática en si e sobre os libros, elaboramos unhas manualidades que nos quedaron chulísimas!

Todas e todos podemos aportar o noso gran de area contra a violencia e, máis aínda, sendo a través dunha arte tan importante coma a literatura.