O pasado xoves 23 de abril festexamos o día do libro como se merece: con lecturas compartidas! Escollemos un montón de títulos e novidades para que leran no patio e así compartir libros con clases maiores e pequenas. Ademais fixemos unha feira do libro antigo na que podían escoller libros usados para levar de agasallo ás súas casas. Como nos gusta ter e compartir libros! E todas as aventuras que podemos compartir con eles!
12 de mayo de 2026
8 de mayo de 2026
CLUB DE LECTURA LIGHTFALL 2
O martes tivemos o segundo club de lectura mixto da saga Lightfall. Neste caso falamos do segundo libro: La sombra del pájaro. Coma sempre, xurdiron un montón de preguntas sen resolver sobre a saga que temos que agardar polos seguintes libros para solventar. Ademais puidemos coller os nosos fíos para recordar, coma o avó de Bea, a protagonista guerreira. E comentar cales son os nosos personaxes favoritos e sobre as súas características. Os diarios de lectura están xenial, que artistas!
21 de abril de 2026
SESIÓN DE CAIXAS-CONTO
17 de abril de 2026
VISITA RAMÓN ROMERO
Esta semana tamén tivemos unha visita moi bonita do autor Ramón Romero Nogueira, co seu libro A abelliña que perdeu as ás. Deunos unha visión musical da poesía e contounos como escribe os seus libros. Ata mesmo cantamos o libro! Ademais, as nenas e nenos de 1º e 2º de primaria fixeron uns traballos creativos moi bonitos e orixinais que lle regalaron ao autor e quixeron preguntarlle moitas cousas sobre o libro e os seus gustos. Moitas grazas Ramón pola visita e por asinar tantos libros!
CLUB DE LECTURA 6º PRIMARIA
Este martes fixemos un club de lectura moi especial co libro Invisible de Eloy Moreno. Ademais de escoitar a lectura do libro durante semanas, traballamos sobre os conceptos, personaxes e situacións para poder poñerse na pel dos outros. Todo isto, completouse cunha creación artística, onde cada persoa ilustrou o animal que máis lle representa e que lle dá forza, coma o dragón da lectura. Falamos moitísimo e puxemos en valor a amizade e a empatía. É un libro que sempre gusta moito e abre moitos ollos á realidade.































































