Hoxe tivemos unha actividade moi chula na biblio. No tempo de recreo puidemos crear insectos con follas que previamente collemos no noso patio e secamos. Coa axuda dalgúns libros de insectos, puidemos escoller os que máis nos gustaban e axeitalos ás follas que tiñamos, escribindo tamén os seus nomes, incluso algúns científicos. Foi un espazo de creación e convivencia moi bonito que nos permitiu dar ás á nosa imaxinación creando "Insectilandia, o país dos insectos"
Desexando algunha actividade manual do nadal!
No hay comentarios:
Publicar un comentario