No noso centro aproveitamos o Día das Bibliotecas para abrir as portas da biblio e ofrecer unha exposición de libros de medo.
O 24 de outubro é o Día das Bibliotecas, e como todos
os anos edítase un cartel cun texto conmemorativo e realízase un acto de
celebración oficial. Nesta ocasión foron dúas mulleres, a ilustradora vasca Elena Odriozola e a escritora
galega Ledicia Costas, as encargadas de
darlle fondo e forma e esta mensaxe a prol da existencia das bibliotecas.
Fermosísimo
é o texto de Ledicia Costas, Premio dos Clubs de Lectura
2016:
"Alguén me contou que o 24 de outubro é o Día da
Biblioteca. Sería xenial organizar unha festa con confeti e pompas de xabón.
Celebrala ao grande. Encantaríame vestirme para tal ocasión como o personaxe
dalgún libro, sentarme na mesa dunha biblioteca da cidade onde vivo e esperar a
que fosen visitarme. Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary
Poppins ata Matilda, Atreyu, Drácula ou mesmo Pippilotta Viktualia Rullgardina
Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Podes poñerte botas de pelo, plumas, zancos
e chapeus. Chapeus! Iso é! Imaxino a unha pequena lectora achegándose a min
discretamente, atraída polas cores e formas do meu chapeu:
-- Sombreireira tola, que festa máis
marabillosa! Sería
tan amable de servirme unha cunca de té?"
No hay comentarios:
Publicar un comentario