20 de octubre de 2016

Biblioteca Escolar - Territorio das Artes



   "Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo deste curso 2016/2017.  Nesta ocasión foi Minia Regos a creadora convidada a interpretar o lema anual. 
 


    A campaña de visibilidade da biblioteca escolar deste curso lembra que a Biblioteca Escolar é "territorio das Artes", un espazo no que aproximarse á produción artística do noso país e de todas as culturas, a través dos libros, dos vídeos, dos mil sitios aos que internet nos permite acceder... pero é tamén un espazo no que vivir a música, a pintura, as artes visuais (fotografía, cómic, cine), a escultura, a danza, o teatro e, moi especialmente, a literatura en todos os seus xéneros e temáticas; e vivir é experimentar e compartir, pero tamén expresarse e comunicar a través das distintas opcións artísticas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario