O día 2 de xuño tivemos unha sesión dobre moi especial ca clase de 5 anos de infantil. Pola mañá, fixemos un club de lectura de iniciación, arredor do libro El club de lectura del conejito, que nos axudou a introducir o concepto do club de lectura e o funcionamento do mesmo nas nenas e nenos de 5 anos, enfocado ao cambio de etapa a primaria. Nel contaron cousas dos libros escollidos que leron na casa, aprendendo as quendas e a escoitar as opinións. Pola tarde, repetimos coas familias, para poder compartir con elas todo o aprendido e tamén facer recomendacións lectoras e amosar a biblioteca. Foi moi bonito compartir lecturas!









No hay comentarios:
Publicar un comentario