O pasado martes pola tarde tivemos o segundo club de lectura adulta da man de Domingo Villar e o seu libro: "A praia dos afogados". Conversamos arredor do libro e das temáticas diversas que aparecen, ao mesmo que relacionamos certas historias de pescadores cas nosas propias historias e contamos anécdotas que sabiamos. Ademais, tivemos a sorte de ver o último libro de Domingo, asinado por el mesmo, onde conta historias de pescadores. O máis interesante foi escoitar as distintas opinións de cada unha das persoas asistentes e de quen desconfiaban nun primeiro momento que fora o asasino; algunhas acertaron e outras non! Tamén puidemos facer o noso propio programa de consulta de radio, coma o protagonista do libro, Leo Caldas e contamos no noso Club nas ondas as nosas impresións, así como falar das lecturas que nos interesan e recomendacións. Foi moi interesante! Xa estamos barallando os próximos libros de lectura do curso que vén!
26 de mayo de 2026
CLUB DE LECTURA LIGHTFALL 3
O martes pasado tivemos a continuación do noso club de lectura arredor da saga de cómic: Lightfall. Neste caso, falamos do libros número 3, onde acompañamos a Bea e Cad a seguir na súas aventuras cada vez máis arriscada e chea de sorpresas que non esperabamos. Neste libro puidemos aclarar algunhas dúbidas que nos quedaron do libro anterior e creounos unha necesidade enorme de ler o cuarto e último libro que xa chegou á nosa biblio! Desexando que chegue ese último club de lectura o día 10 de xuño e as sorpresas que nos depara! Estamos expectantes!
15 de mayo de 2026
VISITA IRIA MISA
O mércores, as clases de 5º e 6º de primaria tivemos a sorte de ter a visita da escritora Iria Misa para falar do libro "Excursión a Cans. Unha veciña de película". Contounos un montón de cousas sobre o libro e sobre os seus futuros proxectos, ademais de falar das aventuras que lles pasan a Elsie e Simón con Alice. Preguntamos algunhas dúbidas acerca do libro e sobre os seus gustos sobre o cine e a literatura. A verdade que é unha chica moi simpática e agradable! Tamén puidemos asinar os nosos libros, algo que nos encanta cando nos visitan as autoras e os autores que lemos. Ata a próxima aventura de Alice!
CLUB DE LECTURA 6º
O martes fixemos un club de lectura co libro de Iria Misa: Unha excursión a Cans, a segunda entrega de Unha veciña de película. Contextualizamos todo o libro e as aventuras dos protagonistas para poder falar mañá ca autora, que virá visitarnos para completar este club. Xa nos están entrando ganas de ir ao festival e subir nos chimpíns! Ademais, falamos e comentamos moitos datos e historias de tempos pasados para meternos na historia de cheo. Onde quedaron as enciclopedias!
12 de mayo de 2026
CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO
O pasado xoves 23 de abril festexamos o día do libro como se merece: con lecturas compartidas! Escollemos un montón de títulos e novidades para que leran no patio e así compartir libros con clases maiores e pequenas. Ademais fixemos unha feira do libro antigo na que podían escoller libros usados para levar de agasallo ás súas casas. Como nos gusta ter e compartir libros! E todas as aventuras que podemos compartir con eles!



























































