12 de junio de 2026

RETOS LEGO

E este curso volvemos repetir os Retos LEGO! A verdade que a creatividade do noso alumnado non ten paraxe! Menudas obras de arte fixeron con cada reto, entre as que se atoparon robots, comida, cadros de arte, animais, flores, transportes, casas e os seus propios nomes. Temos artistas en potencia!




































































TORNEO DE DAMAS

Onte estreamos un novo torneo moi demandado entre o alumnado: Torneo de damas. Coma sempre, todo un exemplo de compañeirismo e amizade que se reflexou nas partidas, cunha concentración e silencio exemplares. Foi un torneo moi rápido que durou só un día, pero aproveitaron ao máximo esa hora do recreo para compartir este xogo de damas e aprender novas xogadas e movementos. Seguro que o repetimos o curso que vén! Noraboa ao gañador!












CLUB DE LECTURA COMPARTIDA

O martes 9 de xuño tivemos o noso querido Club de lectura compartida coas familias e foi todo un éxito! Ademais de ter moita asistencia, merendamos algunhas cousiñas que nos trouxeron algunhas mamás e falamos un montón sobre o libro e sobre as nosas experiencias lendo este libro tan divertido: Una catastrófica visita al zoo de Joël Dicker. Quedamos encantadas da gran acollida e do que está crecendo esta familia lectora. Por máis lecturas en familia e por máis recomendacións igual de interesantes ca esta, que nos permitiu falar de diversidade, liberdade e democracia, entre outras cousas, valorando os puntos de vista adulta e infantil. Ata o próximo! 








CLUB DE LECTURA LIGHTFALL 4

Para rematar a saga de Lightfall neste curso, o mércores 10 de xuño fixemos o último club de lectura co libro 4: Un lugar entre dos mundos. Ademais de comentar os últimos acontecementos deste cómic tan chulo, fixemos un pequeno obradoiro de escritura creativa co alfabeto de Pellydir que aparece no libro e co que falan algúns personaxes. Tivemos que descifrar unha mensaxe secreta e escribir unha mensaxe para unha persoa do club. Foi un bonito recordo para levar deste club tan especial que nos deixou con ganas de saber o final da saga. Chegará o curso que vén? Estamos desexando saber o final!