10 de diciembre de 2024

CLUB DE LECTURA ABERTO (5º E 6º PRIMARIA)

Hoxe tivemos un club de lectura moi especial. Algunhas nenas e nenos de 5º e 6º de primaria quixeron traballar coa saga Heartstopper de Alice Oseman, ca que inauguramos este club co primeiro libro. Tratamos temas que lles preocupan como a diversidade, o bulling, os prexuízos... E falamos da historia de amor do libro. Que pasará no segundo tomo? Quedamos coas ganas de continuar co noso club á volta das vacacións! Atentas á data!






27 de noviembre de 2024

SESIÓN PARA O 25N

Para traballar o día 25N: Día Internacional contra a violencia de xénero, na biblio fixemos unhas sesións de contacontos e obradoiros con diferentes contos e historias. Quedaron unhas cousas chulísimas e falamos duns temas ben interesantes e importantes. Non é non!











 

19 de noviembre de 2024

CLUB DE LECTURA 2º

Hoxe tivemos club de lectura dobre! Ás nenas e nenos de 2º de primaria gústalles moito ler e fixeron un club de lectura de dous libros:

"Bo camiño Valentiño!" de Gracia Iglesias e Sara Sánchez e "¡Nos ha tocado la lotería!" de Pere Comellas.

Dúas historias divertidas que lles encantaron! Falaron do camiño de Santiago,a catedral e anécdotas que contaron propias e dos libros. Tocoulles algo máis que a lotería! E iso que trouxeron moitos cartos ao club! Pero sabemos que hai que solucionar os problemas porque a amizade e a familia son máis importantes. Ademais da xenerosidade! Foi moi interesante saber que farían se lles tocase a lotería!









28 de octubre de 2024

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS. ABRIMOS!

O xoves día 24 abrimos a nosa biblioteca polo Día das Bibliotecas! Foi un día moi especial no que puidemos disfrutar dunha sesión de contacontos da man de Susa Herrera para as nenas e nenos de infantil, 1º, 2º e 3º de primaria e un xogos de escapismo para o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, todo relacionado coa nosa PDI deste curso: "Trotamundos, viaxa desde Galicia".

















22 de octubre de 2024

CLUB DE LECTURA 6º

Hoxe demos comezo ao club de lectura! A clase de 6º escolleu o primeiro libro da Señorita Bubble da nosa querida Ledicia Costas. 

Falaron do especial que é esta inventora e que non se pode ter prexuízos da xente que viste e é diferente. 

Teñen moitas ganas de coñecer que pasará nas seguintes aventuras e sobre todo de coñecer á súa creadora!




21 de octubre de 2024

FORMACIÓN AXUDANTES BIBLIO

Hoxe no recreo viñeron a facer a súa formación as persoas axudantes da biblio deste trimetre. Atenderon moi ben ás súas funcións e fixeron unha dinámica cos libros para aprender a manexar e ordenar os libros. Tamén asinaron o seu compromiso como axudantes.

Xa queda pouco para que abra a nosa biblio! Que ganas!