22 de noviembre de 2016

Os billetes dourados comezan a aparecer

Ola nenos e nenas!
Levamos so dous días coa actividade en homenaxe a Roald Dahl e xa apareceron catro billetes dourados!!!
Nos vos desanimedes, aínda quedan billetes por aparecer!

19 de noviembre de 2016

Centenario do nacemento de Roald Dahl

   Este 2016 cúmplense 100 anos do nacemento do autor inglés Roadl Dahl (1916 – 1990), autor de, entre outros, "Charlie e a fábrica de chocolate", "Matilda" e "As Bruxas". Para conemoralo levaremos a cabo unha interesante actividade na biblioteca a partir do próximo luns 21 de Novembro.
   Así mesmo, elaboramos unha guía de lectura nas que recollemos as principais obras de este xenial autor.





18 de noviembre de 2016

SAMAÍN 2016: Relatos terroríficos

  Para celebrar o Samaín levamos a cabo diversas actividades no colexio. Aquí vos deixamos unha pequena mostra dos relatos terrríficos elaborados por nenos e nenas do centro. Noraboa aos nosos escritores!!!

 

2 de noviembre de 2016

Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas bibliotecas escolares

  Novembro é o mes elixido para apoiar a presenza da divulgación científica en galego en todas as bibliotecas da comunidade autónoma galega.

  A Arquitecta Isabel Aguirre de Urcola, Premio de Ciencia "María Josefa Wonenburger"- 2015, foi a científica convidada este ano para a elaboración do "Manifesto" a favor da ciencia en galego nas bibliotecas, que se edita e se distribúe polas bibliotecas de Galicia. Na presentación, Isabel Aguirre insistíu na importancia das bibliotecas como espazos de depósito do coñecemento, na diferencia entre información e coñecemento e na importancia de aprender a ciencia en galego nas escolas. Incidíu na sorte que temos os galegos de podermos contactar na nosa lingua con millóns de persoas por todo o mundo "algo que deberíamos darlle máis valor".

Preme na imaxe para acceder ao muro dos nosos materiais e recursos de ciencias en galego.

https://padlet.com/bibliosapoconcho/gyav6fskwhsz



24 de octubre de 2016

24 de outubro, Día da Biblioteca

   No noso centro aproveitamos o Día das Bibliotecas para abrir as portas da biblio e ofrecer unha exposición de libros de medo.



   O 24 de outubro é o Día das Bibliotecas, e como todos os anos edítase un cartel cun texto conmemorativo e realízase un acto de celebración oficial. Nesta ocasión foron dúas mulleres, a ilustradora vasca Elena Odriozola e a escritora galega Ledicia Costas, as encargadas de darlle fondo e forma e esta mensaxe a prol da existencia das bibliotecas. 

Fermosísimo é o texto de Ledicia Costas, Premio dos Clubs de Lectura 2016: 

"Alguén me contou que o 24 de outubro é o Día da Biblioteca. Sería xenial organizar unha festa con confeti e pompas de xabón. Celebrala ao grande. Encantaríame vestirme para tal ocasión como o personaxe dalgún libro, sentarme na mesa dunha biblioteca da cidade onde vivo e esperar a que fosen visitarme. Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary Poppins ata Matilda, Atreyu, Drácula ou mesmo Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Podes poñerte botas de pelo, plumas, zancos e chapeus. Chapeus! Iso é! Imaxino a unha pequena lectora achegándose a min discretamente, atraída polas cores e formas do meu chapeu:

-- Sombreireira tola, que festa máis marabillosa! Sería tan amable de servirme unha cunca de té?" 

20 de octubre de 2016

Biblioteca Escolar - Territorio das Artes



   "Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo deste curso 2016/2017.  Nesta ocasión foi Minia Regos a creadora convidada a interpretar o lema anual. 
 


    A campaña de visibilidade da biblioteca escolar deste curso lembra que a Biblioteca Escolar é "territorio das Artes", un espazo no que aproximarse á produción artística do noso país e de todas as culturas, a través dos libros, dos vídeos, dos mil sitios aos que internet nos permite acceder... pero é tamén un espazo no que vivir a música, a pintura, as artes visuais (fotografía, cómic, cine), a escultura, a danza, o teatro e, moi especialmente, a literatura en todos os seus xéneros e temáticas; e vivir é experimentar e compartir, pero tamén expresarse e comunicar a través das distintas opcións artísticas. 

16 de octubre de 2016

Nova revista: O PAPAGAIO



   Fai pouco que naceu a revista O Papagaio,  impulsada por Edicións moito conto, e que inclúe temas de actualidade emprestando unha atención especial á ciencia, tecnoloxía, ecoloxía, historia, arte, cultura, integración e banda deseñada.

http://praza.gal/movementos-sociais/12821/nace-o-papagaio-xornal-para-nenos-e-nenas-de-primaria-e-secundaria/