30 de octubre de 2026

CLUB DE LECTURA 4º

Onte tivemos un club de lectura moi interesante do libro "Juan sin móvil" de José Vicente Sarmiento ca aula de 4º de primaria, onde fixemos unha reflexión acerca do uso das tecnoloxías, do teléfono e que pasaría se un día quedásemos sen elas. Aportamos moitas opcións interesantes para vivir e xogar sen pantallas e démonos conta que podemos ser moi felices sen elas! Un libro moi recomendable para familias neste mundo cada vez máis tecnolóxico.

Agardando polo seguinte libro! Xa levamos o noso diario de lectura para ir apuntando as nosas lecturas!











28 de octubre de 2026

DÍA DAS BIBLIOTECAS!

Para celebrar o día das bibliotecas, o pasado venres 23 de outubro tivemos unha xornada moi bonita e divertida na biblio. Nas primeiras horas, convertémonos en viaxeirxs do tempo para descifrar pistas que estaban agochadas polos recunchos da nosa biblio e usar o noso inxenio para adiviñar todas; ata tivemos que usar materiais para que apareceran mensaxes segredas!
Despois do recreo tivemos a sorte de contar con Caxoto, contador de contos e historias, que fixo que cobrasen vida grazas ao seu bo facer e algúns instrumentos e trebellos que nos ensinou para que tiveran un toque musical. Foi ben bonita a sesión!
A partir dese día, a nosa biblio queda aberta para toda a comunidade educativa!