O martes tivemos a reunión de axudantes de biblioteca na que lembramos as diferentes seccións da biblio e de todo o que nos temos que encargar dentro e fóra da mesma, como as carritecas do patio e os correcontos. Tamén fixemos un xogo de busca de libros e posterior colocación nos seus estantes para poder aprender mellor cada recuncho da nosa biblio.
16 de octubre de 2026
8 de octubre de 2026
CLUB DE LECTURA 3º
Hoxe comezamos a nova tempada do club de lectura con 3º de primaria e o libro de cómic: Lendas do recreo. Campións do mundo do Hematocrítico. Unha historia chea de humor na que o xogo das agochadas representa un papel clave. Falamos de moitos temas relacionados como os récords que nos gustaría conseguir, o aproveitamento da comida, reciclaxe... Menuda historia a de Fernando!
Xa estamos maquinando o seguinte club!
23 de junio de 2026
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN!
Coma todos os cursos, gústanos rematar cunhas breves recomendacións lectoras para que poidades seguir alimentando o voso espírito lector! Feliz verán e boas lecturas!
OBRA DE TEATRO SOBRE BEGOÑA CAAMAÑO
Coma peche de ouro da tempada de actividades da nosa biblioteca, fixemos unha obra de teatro da biografía de Begoña Caamaño, escrita por An Alfaya, membro da nosa comunidade educativa. Alumnado voluntario foi encargado de preparar e representar a obra, facer os escenarios e os materiais e ser axudantes de efectos de son e produción. Foi moi emocionante poder facer a representación na biblio para todas as clases en dous turnos e no segundo, tivemos a gran sorte de contar coa escritora da obra. Moitas grazas polo voso bo facer e entusiasmo!
CLUB DE LECTURA BEGOÑA CAAMAÑO
12 de junio de 2026
RETOS LEGO
E este curso volvemos repetir os Retos LEGO! A verdade que a creatividade do noso alumnado non ten paraxe! Menudas obras de arte fixeron con cada reto, entre as que se atoparon robots, comida, cadros de arte, animais, flores, transportes, casas e os seus propios nomes. Temos artistas en potencia!








_260623_101617.jpg)




























































































