17 de junio de 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN

Aquí deixamos algunhas recomendacións lectoras e de xogos para este verán!

Animádevos a crear o voso recuncho lector e a soñar coas lecturas!

Bo verán e boas lecturas! 




11 de junio de 2024

CLUB DE LECTURA 1º

Hoxe tivemos o derradeiro club de lectura do curso ca aula de 1º, co libro Feliz feroz, o lobo riquiño do Hematocrítico. A irmá de Lobo Feroz está moi preocupada porque o seu fillo non é feroz: é boísimo. Feroz dille que o mande uns días para a súa casa, que xa se encarga el de convertelo nun lobo de verdade. Lobiño visita o seu tío e tenta facer o que lle pide: cazar coellos, asustar a Carapuchiña, comer os tres porquiños... Pero nunca o fai ben: comparte unha ensalada cos coellos, faise amigo de Carapuchiña e ponse a xogar cos tres porquiños. Este lobiño é un desastre.

Porque temos que ser o que queiramos ser!

Ademais fixeron un lobiño de papiroflexia para rematar a experiencia!







 

CLUB DE LECTURA EN FAMILIA

O día 4 de xuño fixemos o club de lectura en familia ao que viñeron nenas e nenos de varios cursos acompañadas dalguén da súa familia. Foi unha bonita experiencia!

Ademais, a mesmísima Ledicia Costas enviounos un vídeo para agradecernos a lectura dun dos seus libros: Vampira de biblioteca, a historia dunha vampira que vivía nunha biblioteca e era vegana, non comía sangue, senón tinta!