23 de diciembre de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

E rematamos o trimestre coas tradicionais Recomendacións Lectoras. Non vos esquezades de pedir un libro nestas festas. FELIZ NADAL!

CIENCIA NAS AULAS. O CORPO HUMANO.

Durante este trimestre traballamos, entre outras cousas, o corpo humano a través da investigación, o xogo e a arte

CONSELLO DA INFANCIA

Esta semana celebramos o primeiro Consello da Infancia do curso. Foi un consello de Constitución e no que se elevaron propostas para traballar a ciencia.

21 de diciembre de 2022

Familias e ciencia 1.0

Como sabedes, desde a biblio pedimos a colaboración das familias para achegar a ciencia ao noso alumnado. Este foi o voso primeiro agasallo, que disfrutamos moitísimo e co que aprendimos un montón, por non falar da ilusión que lles fai aos vosos fillos e fillas que os acompañedes na escola...

14 de diciembre de 2022

COMEZAN OS CLUBS DE LECTURA!

Este mércores deu comezo o club de lectura coa profe Susana e o seu curso de 4º de primaria. As nenas e nenos falaron e debatiron moito sobre o libro que escolleron: "Querido hijo: estamos en huelga" de Jordi Sierra i Fabra. Aprenderon moitas cousas ademais de disfrutar da lectura...

13 de diciembre de 2022

UN RECREO CALQUERA

Os tempos de recreo son un momento ideal para disfrutar da biblioteca, ler un libro, facer o empréstico, facer algunha actividade creativa ou relacionada coa ciencia, todo cabe!

APADRIÑAMENTOS LECTORES NO 25N

Durante esa semana fixemos un obradoiro creativo na biblioteca, estampando camisetas con mensaxes en contra da violencia de xénero. Para levalo a cabo contamos coa colaboración dos padriños e madriñas lectoras que axudaron aos seus afillados. Finalmente, da man da profe Estela bailamos "Varre vasoira, vasoira miña..." coas nosas novas camisetas, desbotando todas as malas palabras e as malas accións.