27 de octubre de 2021

DE CONCERTO

Continuamos cos Procesos de aprendizaxe. Desta vez o conservatorio de Música de Valadares convidounos a un concerto didáctico, da man de "Abmiran Cuartet". Comezamos "mercando" as entradas nun despacho de billetes. Entradas que debíamos coidar e gardar ata o día seguinte, o día do concerto. A verdade é que as crianzas disfrutaron moitísimo da música!!

25 de octubre de 2021

Hoxe celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS e inauguramos a nosa neste curso con algunhas actividades e novidades: Convocamos eleccións para o voluntariado da biblioteca. Inauguramos a figura de Asistente de biblioteca. Disfrutamos dun contacontos. Entregamos as mochilas viaxeiras. Presentamos as "carritecas" Este curso traballaremos os "Contextos de Aprendizaxe" como proxecto, e comezamos coas eleccións. De aí que as vivenciásemos como se fosen reais, aprendendo da experiencia e da vivencia en primeira persoa. Aquí deixamos unha mostra do proceso!! Ademais abriráse a biblioteca nos recreos dos luns, martes, xoves e venres (os mércores haberá carritecas) Abrirase a biblioteca de 17:00 a 18:00 horas os luns, mércores e xoves.

5 de octubre de 2021

COMEZA O CURSO!!!

Comeza o curso e as novas andainas na biblioteca. Este curso POR FIN!!! contaremos cos nosos voluntarios para a biblioteca. A elección non é nada sinxela, así que teremos que organizar unhas eleccións centrais. Para iso, necesitamos coñecer os candidatos e as súas candidaturas!! ERES UNHA PERSOA ORDEADA? GÚSTACHE O TRABALLO EN EQUIPO? SÉNTESTE BEN CANDO AXUDAS AOS DEMAIS? GUSTARÍACHE FACER OUTRO TIPO DE ACTIVIDADES NO RECREO? ENTÓN ERES A PERSOA IDÓNEA PARA FORMAR PARTE DOS VOLUNTARIOS DE BIBLIOTECA!!! SE ESTÁS INTERESADO OU INTERESADA PRESENTA A TÚ CANDIDATURA, PRESENTÁNDOTE E EXPLICANDO PORQUÉ DEBEMOS ESCOLLERTE A TI!! (AS SOLICITUDES FARANSE POR ESCRITO NUN FORMATO DE PAPEL A4 E ENTREGARANSE AO BUZÓN DA BIBLIOTECA) O PRAZO DE PRESENTACIÓN REMATA O VENRES 8 DE OUTUBRO NON TE DURMAS!!!!!!