17 de abril de 2026

VISITA RAMÓN ROMERO

Esta semana tamén tivemos unha visita moi bonita do autor Ramón Romero Nogueira, co seu libro A abelliña que perdeu as ás. Deunos unha visión musical da poesía e contounos como escribe os seus libros. Ata mesmo cantamos o libro! Ademais, as nenas e nenos de 1º e 2º de primaria fixeron uns traballos creativos moi bonitos e orixinais que lle regalaron ao autor e quixeron preguntarlle moitas cousas sobre o libro e os seus gustos. Moitas grazas Ramón pola visita e por asinar tantos libros!













CLUB DE LECTURA 6º PRIMARIA

Este martes fixemos un club de lectura moi especial co libro Invisible de Eloy Moreno. Ademais de escoitar a lectura do libro durante semanas, traballamos sobre os conceptos, personaxes e situacións para poder poñerse na pel dos outros. Todo isto, completouse cunha creación artística, onde cada persoa ilustrou o animal que máis lle representa e que lle dá forza, coma o dragón da lectura. Falamos moitísimo e puxemos en valor a amizade e a empatía. É un libro que sempre gusta moito e abre moitos ollos á realidade.





















VISITA BIBLIOTECA JUAN COMPAÑEL

O día 7 de abril tivemos a sorte de visitar unha das bibliotecas públicas máis emblemática da cidade, a biblioteca Juan Compañel. Visitamos cada unha das estancias e explicáronnos moitas cousas sobre libros e empréstitos. Ademais fixemos un xogo de busca de pistas pola biblio, coñecendo os espazos e puidemos ir á sala dos libros onde lemos e vimos un montón de exemplares que nos deixaron. Había verdadeiras obras de arte que puidemos manipular!