O pasado luns tivemos o cuarto Club de lectura da saga "Heartstopper". Falamos de moitos temas tratados no libro, pero sobre todo da saúde mental e como inflúe nas nosas vidas. Ademais, fixemos unha dinámica de grupo que nos deixou moi bo sabor de boca, xa que resaltamos tres cualidades boas de cada persoa que forma o club para saír cun sorriso ben grande, por fóra e por dentro. Xa non nos queda nada para rematar a historia de Nick e Charlie!
No hay comentarios:
Publicar un comentario