Por fin comezamos cos clubs de lectura!
E estreamos cun libro de teatro de Paula Carballeira: Wombo Combo, nada máis e nada menos, para falar de algo que nos encanta, os videoxogos.
"Sara odia a súa vida, ou polo menos a súa vida real: non ten case amigas e moito menos amigos; búrlanse do seu aspecto; non é brillante nos estudos, nin sequera mediocre... Sara ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Pero Sara ten outra vida, unha vida virtual onde xoga en liña con ducias de persoas e é imbatible nas loitas facendo «Wombo Combo». Sara pasa cada vez máis tempo diante da pantalla: deixa de falar, de comer, de durmir... Ata que entra nun videoxogo novo onde debe ir superando retos, se non quere sufrir as consecuencias."
Ademais reflexionamos sobre a vida virtual e a soidade na adolescencia.



No hay comentarios:
Publicar un comentario