23 de junio de 2026

OBRA DE TEATRO SOBRE BEGOÑA CAAMAÑO

Coma peche de ouro da tempada de actividades da nosa biblioteca, fixemos unha obra de teatro da biografía de Begoña Caamaño, escrita por An Alfaya, membro da nosa comunidade educativa. Alumnado voluntario foi encargado de preparar e representar a obra, facer os escenarios e os materiais e ser axudantes de efectos de son e produción. Foi moi emocionante poder facer a representación na biblio para todas as clases en dous turnos e no segundo, tivemos a gran sorte de contar coa escritora da obra. Moitas grazas polo voso bo facer e entusiasmo!








No hay comentarios:

Publicar un comentario