19 de mayo de 2021

DÍA DO LIBRO

E como o prometido é debeda, aquí temos algúns dos momentos da celebración do día do libro. Fixemos uns lapbooks coas vosas colaboracións, a recollida das tradicións e esas imaxes tan tenras dos nenos e nenas cos seus maoires, cos que manteñen esa relación tan especial de Coidado mutuo. E continuando coas tradicións e partindo do libro "Para Cantar e bailar" de Luis Prego, estivemos practicando bailes tradicionais para disfrutalos na celebración da compaña do propio Luis Prego, que veu a cantar e tocar, xunto con Samuel. Disfrutamos moitísimo desta festiña, que tanta falta nos fai!!

23 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO...

E non nos esquecemos do Día do libro. Tiñamos planificada unha xornada súper especial pero... non quixemos desvirtuala pasándoa por auga, así que o celebraremos en canto mellore o tempo por todo o alto. Porque todos os días deberían ser "O día do libro" Ou non?

Cóidome-Cóido-T

E así de ben se coidan os nenos e nenas de 4º de E.I. BRAVO!!! 👏👏👏

20 de abril de 2021

19 de abril de 2021

PROXECTO "CÓIDOME-COIDO-T"

E chegou o que todos estabamos agardando... A hora de plantar!!! Pasámolo en grande, traballamos, estivemos en contacto coa terra (algún máis da conta), colaboramos en equipo, e disfrutamos de ver o resultado do noso traballo.