5 de mayo de 2022

ERICA ESMORÍS

E... como non! Erica Esmorís tamén nos visitou para pasar un ratiño co alumnado de 4º...

VISITA HEMATOCRÍTICO

O Alumnado de 2º tamén disfrutou da visita do autor do libro que leron este trimestre... O Hematocrítico...

VISITA LEDICIA COSTAS

Neste trimestre recibimos a visita de varios autores. Hoxe unha moi especial, a nosa MADRIÑA, a nosa LEDICIA COSTAS. Foi un gusto compartir un ratiño contigo!!

SEMANA DO LIBRO

E para rematar a semana fixemos un clube de lectura co alumnado de 5º. Eu para a próxima apúntome!! E vós?

SEMANA DO LIBRO

A semana do libro estivo cargada de actividades e emocións... Tivemos os apadriñamentos lectores do alumnado de 4º, 5º e 6º de EI, polo alumnado de 6º, 4º e 5º respectivamente.

1 de mayo de 2022

DÍA DO LIBRO

A celebración do día do libro foi moi especial. Comezamos recibindo a visita do Banco de Alimentos de Vigo. De aí os nenos e nenas comezaron a facer a súa campaña para animar a participar na feira solidaria "Contos que alimentan". No día do libro non só disfrutamos da feira, senón que puidemos ver a pequenos e grandes artistas que traballaron duro para facer disfrutar a todos e todas, e así foi.