Este día conmemoramos o día da muller e a nena na ciencia cunhas actividades na biblio. Fixemos un visionado para coñecer algunhas mulleres científicas e despois un experimento centrado na agrónoma e bioquímica xaponesa Michiyo Tsujimura, que fixo o seu traballo arredor das propiedades do té verde e os seus compoñentes. Convertemos á biblioteca nun laboratorio por un día!
20 de febrero de 2026
10 de febrero de 2026
CLUB DE LECTURA DE 6º DE PRIMARIA
Hoxe tivemos un club de lectura dun libro moi especial e necesario: O Principiño de Antoine de Saint-Exupéry. Grazas a este libro, puidemos falar de moitas emocións e entender o contexto histórico no que foi escrito. Tamén nos deu a oportunidade de valorar a amizade e as distintas perspectivas do mundo. "O esencial é invisible aos ollos"
6 de febrero de 2026
SESIÓN DE CONTACONTOS NA GALIÑA AZUL
Hoxe tivemos unha sesión de contacontos moi especial na Galiña azul de Valadares! Cas nenas e nenos da clase de 5º de primaria preparamos uns contos moi chulos para poder contar e cantar co alumnado da Galiña. Participaron moito e portáronse moi ben! Despois fixemos entre todas e todos un agasallos para poder levar ás súas casas. Foi unha experiencia moi bonito e enriquecedora.
21 de enero de 2026
CLUB DE LECTURA ADULTA
Onte pola tarde tivemos o noso primeiro club de lectura adulta deste curso, co libro de Sonsoles Ónega: "As fillas da criada". Un libro cargado de emocións contraditorias e sentimentos atopados que nos fixeron reflexionar moito sobre emigración, feminismo, activismo, dereitos humanos e moitas outras cousas máis. Foi moi interesante escoitar os diferentes puntos de vista e as vivenzas persoais de cada unha de nós ás que nos levaban algúns capítulos do libro. E facermos recomendacións lectoras que sempre é moi gratificante. Ademais puidemos facer comparacións coa parte audiovisual, xa que se fixo unha serie televisiva que algunhas das presentes viron e comentaron.
No que si estamos dacordo, coma unha personaxe importante do libro, que amor e mar hai para todas.
Agardando polo seguinte club de lectura que será en maio co libro de Domingo Villar: "A praia dos afogados". Pronto máis novidades do club! Vémonos na seguinte lectura!
16 de enero de 2026
VISITA DE PACO NOGUEIRAS!
Hoxe tivemos a gran sorte de ter a Paco Nogueiras na nosa biblio! Contounos uns contos chulísimos e ademais cantamos algunhas cancións. Falaban sobre a natureza e algunhas artes como a arquitectura ou a pintura. Cando se xunta a literatura coa música é unha verdadeira obra de arte! Moitas grazas Paco! Ata a próxima!
19 de diciembre de 2025
RECOMENDACIÓNS DE NADAL!
Rematado o trimestre, queremos desexarvos unhas boas festas e moi boas lecturas! Aquí deixamos unhas recomendacións de libros e xogos por se queredes algunha idea para estas vacacións! Vémonos á volta con moitas máis cousas na biblio! Ata pronto!
https://view.genially.com/693ef619ea11e26398cfa3a1














.jpg)





































