16 de abril de 2021

PROXECTO "CÓIDOME-CÓIDO-T"

Cando chegamos á clase tivemos que facer o presuposto, para calcular cantas plantas podíamos mercar.
Despois fomos negociar co Secretario do cole, para ver que orzamento tiñamos para o proxecto.
Axustamos as contas, fomos pedir os datos de facturación de novo ao secretario para a elaboración da factura, escribimos o pedido e finalmente fomos mercar as nosas plantiñas
TODO PREPARADO PARA PLANTAR!!!

14 de abril de 2021

PROXECTO DO CENTRO...

E seguimos co noso proxecto, investigando e recadando información. Hoxe saímos á floristería para pedir prezos e facer os nosos presupostos e estudos... Non só tivemos a nosa información, senón que Isabel deunos unha masterclass sobre prantas, períodos de crecemento, coidados, protección... Moitísimas grazas Isabel e Vigo Verde por esa fantástica acollida!!!

10 de abril de 2021

Continuamos co noso proxecto... A alimentación saudable é un imprescindible, sobretodo a estas idades... E no cole temos que reforzar eses hábitos que transmitides na casa. "Cóidome- Cóido-T" e alimentación... Algo estamos a argallar...

10 de marzo de 2021

Este ano celebramos o día da Muller con contos e contadas. Na "hora de ler" coidamos a nosa mente e o noso corpo, contando e escoitando contos ao aire libre. O alumnado maior contou con mimo e agarimo contos aos pequenos do cole. Títulos como "Arturo e Clementina", "Yo, Jane", "Once damas atrevidas" ou "Frida" resoaron entre as follas das árbores do patio. Despois os máis artistas expresaron todas a súas emocións a través de pinceladas de témperas de cores.

9 de marzo de 2021

No cole continuamos traballando no proxecto Cóidome-Cóido-t. E, para coidarnos, que mellor que aprender ao aire libre, na natureza e da natureza, que inspira as nosas obras artísticas

3 de marzo de 2021

No cole celebramos o día de Rosalía con moitas actividades. O grupo de EI 5 anos recitou este fermoso poema...

21 de diciembre de 2020