Hoxe foi un día Súper especial, e moi, moi fermoso.
Hoxe celebramos o "Día das Bibliotecas escolares" e, como non podemos xuntarnos e facer unha festa, a celebración viu a nós, a todos e cada un. A música saiu da biblioteca, engaiolada polos contos, e percorreu cada corredor e cada aula en busca dos meniños e meniñas, como se dun "Flautista de Hamelin" se tratase...
Os nenos e nenas, en quendas por grupos de convivencia, seguiron a música ata a biblioteca e coñeceron á nosa nova "Burbulla", a nosa mascota da biblio... Creación da nosa fantástica Magalí. Grazas Magalí por ser capaz de imaxinar tan lindo!! E grazas a todos e todas as que participastes, foi realmente difícil escoller unha imaxe, había moitísimas propostas preciosas!!